O pleno deste órgano reuniuse no campus de Ourense
A proposta de Enxeñaría Aeroespacial, lista para ser remitida á Xunta tralo apoio do Consello Social
Tamén se informou favorablemente a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
O pleno do Consello Social da Universidade de
Vigo, reunido este xoves no campus de Ourense, deu o seu visto e prace á
implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial e á creación da Escola
de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Despois de ter luz verde do
claustro e do Consello de Goberno, con este informe favorable do órgano
de participación da sociedade na Universidade, péchase dentro da
institución académica o proceso de proposta de creación do novo título e
procédese á súa remisión á Xunta de Galicia para a súa verificación por
parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
ACSUG. “A proposta vai con todos os coidados e avais para que sexa
aprobada”, recalcou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo,
trala celebración do pleno.
Tanto en materia de creación, modificación e extinción de títulos como no que se refire á posta en marcha de centros, as propostas que aprobe o Consello de Goberno da Universidade deben ter obrigatoriamente un informe previo e favorable do Consello Social antes de ser remitidas á Xunta de Galicia. Por este motivo, e tras ser aprobada o pasado 17 de xullo no Consello de Goberno, a proposta deste título foi un dos puntos da reunión ordinaria do pleno celebrada este xoves en Ourense. Os seus membros aprobaron por unanimidade os informe favorables á implantación do grao e á creación da escola. “É un día especial para este campus, para Ourense e para súa contorna”, subliñou Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pasar “con nota” as seguintes etapas
Pedrosa salientou como este grao constitúe un “título único en Galicia, con pouca competencia en España, unha aposta de vangarda” pola “que mereceu a pena agardar” pois “vai permitir unha proxección nova no ámbito social e universitario”. O novo grao, recalcou Mato, “suporá un punto de inflexión no campus de Ourense”, dándolle “unha musculatura tremenda que repercutirá tamén no resto da súa oferta académica”. Deste xeito, apuntou, con dúas enxeñarías potentes e con prestixio, a Aeroespacial e a de Informática, o campus pode converterse nun polo tecnolóxico en Ourense. Ademais, engadiu o reitor, a creación do novo título e escola “será unha peza fundamental” na creación do polo aeronáutico galego no que traballa a Xunta de Galicia.Sobre a implantación destes estudos, a Universidade, explicou o reitor, conta xa “cos medios humanos e materiais necesarios para arrancar esta titulación”. Segundo destacou, a institución académica ten nos espazos e laboratorios dispoñibles capacidade para atender as necesidades dos dous primeiros cursos e para acoller os novos laboratorios que se precisen para os seguintes cursos, laboratorios para os que se buscará financiamento específico unha vez sexa aprobado o novo título. Sobre a posibilidade de crear un centro propio para albergar esta escola, o reitor apuntou que ese debate non se abrirá ata ter acadado efectivamente a implantación da nova titulación.
Respecto ás seguintes etapas na tramitación do grao, Mato destacou que “nós cumprimos todos os pasos” e agora é o momento de pasar "con nota" a avaliación primeiro dos expertos externos da ACSUG e, se é aprobado, do Consello Galego de Universidades antes de que remate o ano. “Poucos plans de estudos e acreditación foron tan traballados coma este. Está feito para sacar nota”, afirmou. O reitor salientou como nesta proposta participaron todos os departamentos e centros da Universidade con vinculación con esta área e como se cotexou co tecido empresarial e profesional e cos outros centros que imparten este tipo de titulacións en España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario