O 15 de xullo ás 12h perante ao monumento a Rosalía de Castro na Alameda de Santiago.
A proposta conta co apoio da inmensa maioría dos partidos de Galiza e continúa aberta a novas incorporacións.
Marcos Maceira: “Esta declaración ten que abrir o tempo da
vontade real de todas e todos por reverter a situación da nosa lingua”.
O monumento a Rosalía de Castro na Alameda de Santiago acollerá mañá
cuarta feira (mércores), 15 de xullo,ás 12h, o acto de sinatura da Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística.
O texto da declaración foi proposto pola Mesa a todos os partidos de
ámbito galego sen exclusións de ningún tipo, xa que, segundo indican, “a
lingua galega une, mais tamén precisa unidade, para que o debate en
torno a ela se centre en como aplicar as medidas sinaladas nos acordos
tomados colectivamente da mellor maneira posíbel”. O compromiso dos
partidos asinantes é reactivar estas medidas acordadas e promovelas en
todas as áreas onde teñan responsabilidade de goberno.
Ao acto asistirá representación do máximo nivel das forzas políticas
con representación en Galiza: Anxo García Seoane, da Alternativa dos
veciños; o responsábel de organización de Anova, Rafael Dopico; o
portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a presidenta de Cerna, Consuelo
Martínez; Rafael Cuíña por Compromiso por Galicia; Garcilaso de la Vega,
secretario xeral de Converxencia XXI; Fernando Alonso, Secretario Xeral
de Coalición Galega; Xavier Ron, portavoz de Esquerda Unida; Breogán
Riobó, secretario xeral de Podemos Galiza, Xosé Ramón Gómez Besteiro,
secretario xeral do PSdG-PSOE; e Guillerme Sánchez, secretario xeral de
Terra Galega. Tras a sinatura da declaración farán unha intervención.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, intervirá nun acto que contará
coa actuación musical de Guadi Galego e Guillerme Fernández e será
conducido pola actriz Iria Sobrado.
Desde A Mesa manteñen aberta a posibilidade de novas incorporacións. O
compromiso de todas as forzas políticas é imprescindíbel para iniciar o
camiño da nova política lingüística que o galego e Galiza precisan e
para que esta comece a dar froitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario