O
Consello da
Cultura Galega amosou esta semana un novo documento de traballo no
que se avalían as cifras recentes do libro e da edición en Galicia,
uns números que segundo se fai saber na investigación salientan
“unha situación positiva para o sector”. Así, a
edición de libros en Galicia presentou
indicadores á alza en diferentes ámbitos: en 2014 editáronse 383
libros máis có
ano anterior e
medrou
o número de editores. Asemade,
aumenta o número de títulos en galego, tanto
en formato tradicional como (a cuestión que nos ocupa) con feitura
de
edición dixital.
No
informe, malia todo, tamén hai unha vertente negativa, sobre todo no
referente á tradución do galego e para o galego, onde se rexistran
“notorias baixadas”. Estas e outras informacións figuran no
último
Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (DT-OCG) que,
co título O
libro e a edición en Galicia,
recolle datos estatísticos sobre esta realidade así como do sector
empresarial e do mercado laboral.
Como
dixemos, no informe faise saber que en
2014 Galicia editou 2.877 libros, 383 libros
máis ca en 2013, o que supón un aumento dun 15,4%. Esta
cifra, indica o CCG,
confirma o ano pasado como o ano da recuperación, “xa que foi a
primeira vez que aumentou o número de publicacións inscritas no
ISBN na nosa Comunidade dende 2010”.
En
papel, editáronse 2.298
libros (64 máis que o ano anterior). Por
outra banda, a edición en
soportes tecnolóxicos
achegou unha cifra de 579 lanzamentos. Este tipo de edicións, polo
tanto, aumentou en 2014 en
case 10 puntos porcentuais con respecto a 2013, mentres que no
conxunto de España diminuíu en 2,2 puntos. “O
incremento da actividade
editorial electrónica e
doutros soportes explica en gran medida o crecemento en termos
absolutos”, apúntase
na investigación, onde tamén se reflicte que os galegos achegámonos
moito ás cifras estatais en porcentaxe de libros inscritos en
formatos dixitais, cunha
diferenza de 4,1 puntos en 2014, fronte aos 15,6 puntos de diferenza
en 2013.
Polo
que respecta á edición en galego, dos 2.877 libros finalmente
publicados en 2014, 1.763 foron lanzados na nosa lingua. Deles, 1.298
en papel e 465 en formatos electrónicos.
A
cifra total de libros publicados en galego supón un 61,3% do total
de libros con ISBN publicados en Galicia en 2014. A porcentaxe de
edición en galego respecto do total de edición en Galicia sitúase
entre o 52% e o 67% nos últimos anos. Segundo se di no estudo, “é
moi salientábel que en 2014 o número de títulos en galego medrou
en 337 unidades, o cal supón un aumento do 23%”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario