O avellentamento e a diminución da poboación son os principais problemas deste país. Uns problemas que recoñece a propia Xunta pero para os que non é quen de atopar un antídoto.
1,7 millóns de persoas, un 40% menos das que hai na actualidade e
unha media de idade superior aos 55 anos. Iso é o que lle agarda á
Galicia do ano 250 senón se lle pon remedio. Unha cifra que a situaría
nos índices que había en 1900 e que poría en perigo o sistema de
benestar actual.
Eon son cifras de enquisas alarmistas, senón os datos que manexa a propia Xunta de Galicia. Precisamente, foron a conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, e o titular de Facenda, Valeriano Martínez,
os que advertiron dos perigos demográficos que ten este país nos
vindeiros anos. E a súa receita para superala; mellorar as taxas de
natalidade.
Sen embargo, e a pesar dos discursos, o certo é que as políticas da
Xunta non están incidindo na fixación de poboación na poboación, xa que a
emigración segue aumentando e a inmigración decrecendo.
“Estamos nunha profunda crise demográfica. É, sen
dúbida, unha das principais ameazas que temos por diante", afirmou Mato
nese foro ao tempo que insistiu, unha vez máis, en que corrixir a crise
demográfica "é o principal reto e o principal desafío". Unha das
principais consecuencias do balance demográfico negativo, indicou, é que
se faría "moi difícil" optar a un crecemento económico sustentable e,
consecuentemente, ao mantemento do actual sistema de benestar.
Tamén o titular de Facenda, Valeriano Martínez, referiuse á necesidade de "atallar" a crise demográfica que arrastra Galicia, porque, repetiu, constitúen "o máximo reto" ao que se enfronta a Comunidade autónoma.
Por iso, ambos os conselleiros referíronse á necesidade de pór en
marcha medidas de carácter "rigoroso", "goberne quen goberne". Sen
embargo, ningún dos dous dirixentes foi quen de poñer enriba da mesa ningunha desas medidas “rigorosas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario