O PP sumouse ao pacto en defensa da lingua promovido pola Mesa da Normalización. O representante conservador reclama que ninguén se sinta estranxeiro en Galicia e o presidente da Mesa lembra aos políticos a obriga moral de cumprir o asinado. Texto da declaración no interior.
Anxo García Seoane, da Alternativa dos Veciños; o responsábel de organización de Anova, Rafael Dopico; o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a presidenta de Cerna, Consuelo Martínez; Rafael Cuíña por Compromiso por Galicia; Garcilaso de la Vega, secretario xeral de Converxencia XXI; Fernando Alonso, Secretario Xeral de Coalición Galega; Xavier Ron, portavoz de Esquerda Unida; Breogán Riobó, secretario xeral de Podemos Galiza, Xosé Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdG-PSOE; Agustín Bahamonde, deputado do PPdeG, encargado de temas de lingua, e Guillerme Sánchez, secretario xeral de Terra Galega.
Estes son os asinantes da Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística. A foto tomada este mediodía ao pé da estatuto de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago é verdadeiramente histórica. Por vez primeria dende a firma do Plan Xeral de Normalización na era Fraga, todos os partidos relevantes no país están de acordo nun texto a favor do galego.
A noticia, claro, é a presenza do PP, obxectivo constante das crítica dos outros partidos e da propia Mesa pola súa suposta falta de compromiso co galego, concretada na reducción de aulas no idioma propio que supuxo o polémico Decreto de Plurilingüismo e na importante diminución de fondos para a normalización.
A diferencia doutros partidos, os conservadores non escolleron a un 'primeira liña' para escenficiar o seu apoio idioma. Foi Agustín Bahamonde, o deputado que lidia cos temas de idioma na Cámara, quen deu a cara.
Bahamonde tirou de clásicos na súa intervención e pediu que o galego alumee en todas as "casiñas" do país. De paso, lanzou unha mensaxe a prol da liberade de escolla de idioma, pois reclamou que "na patria das linguas ninguén sexa estranxeiro en Galicia".
O presidente da Mesa tomou a palabra tras a firma para reclamar que o asinado non se convirta en papel mollado. "Os acordos deben ser cumpridos e se houbo no seu día vontade para os cumprir" espeteoulle Marcos Maceira aos políticos presentes.
A sorpresa pola presenza a última hora do PP, que adiantou onte en primicia Galicia Confidencial (GC), foi tal que a Mesa remitiu esta mañá unha explicación aos seus socios de como foron as negociacións. Na comunicación a entidade cultural argumentou que non puxo ningunha barreira previa para que sumasen todos os partidos, salvo que se comprometesen a cumprir o asinado.
O texto completo da declaración, na que se destaca os preocupantes datos que diversas institucións están a dar sobre a situación do idioma, especialmente entre os mozos, pode consultarse aquí.
O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, defendeu a presenza do seu partido no acto deste 130 aniversario da morte de Rosalía, en declaracións na rolda de prensa tras o Consello da Xunta. Terra Galega e Converxencia XXI asinaron o documento, pero non puideron estar presentes no mirador da Alameda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario