O Cervantes debe mirar a Iberoamérica, pero tamén as outras linguas
de España. Así o sinalou Víctor García de la Concha, quen fixo fincapé
en que a súa institución fixo seu o marco de referencia para as linguas
da UE, que supera o concepto de multilingüismo e se propón como
obxectivo "a competencia plurilingüe e pluricultural". "Non se trata de
acumular en compartimentos estancos a aprendizaxe dunha lingua, senón de
lograr que os coñecementos dunha lingua se integren cos da respectiva
cultura e dialoguen cos que doutras linguas e culturas se posúen",
alegou, para avanzar que "sobre esa base" quere "desenvolver o Instituto
a promoción da lingua galega en estreita colaboración coa Xunta".
Máis información en La Opinión de A Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario