A Mesa pula pola concreción do acordo en defensa da lingua e agarda que a rúbrica do PP supoña un “cambio” na actitude do goberno galego.
O acordo impulsado desde A Mesa pola Normalización Lingüística, que congregou o conxunto das forzas políticas galegas, incluído o Partido Popular, arredor dun novo consenso para a lingua galega supuxo un punto de inflexión. Por vez primeira após a campaña electoral de 2009 e da aprobación un ano despois do Decreto de Plurilingüismo (79/2010), o grupo que apoia o goberno decidía dar un golpe de leme á súa política achegándose a un dos colectivos sociais máis belixerantes co executivo galego.Da man do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística avaliamos o alcance do acordo asinado e cal será o camiño a seguir para o materializar. Neste senso, analizamos os puntos de encontro e de disensión entre ambas as dúas partes.
Aliás, afondamos na opinión da Secretaría Xeral a respeito do caso de discriminación lingüística denunciado pola nai dunha crianza matriculada no campamento de verán do Clube Hípico Casas Novas (Arteixo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario