O Concello de Pontevedra manterá o próximo curso escolar os dous convenios que subscribía anualmente coa Fanpa (Federación de Anpas) e a liña de axudas ás Anpa dos
centros educativos que mantiña dende hai anos. Farao a pesar de que a
Lei de racionalización e reforma da Administración local reduciu as
competencias dos concellos en materia educativa e imposibilita que
asuman calquera actuación a maiores das obras de conservación e
mantemento de colexios.
O presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, aplaudiu a medida e agradeceu o xesto do Concello no medio dun contexto de "desmadre lexislativo que non sabemos a onde conduce". Estes convenios coa Federación garanten a continuidade de servizos como os comedores escolares, aos que acoden entre 1.000 e 1.300 alumnos, e as ludotecas de Nadal e verán, das que se benefician uns 1.500 escolares.
A concelleira de Educación, Carmen Fouces, anunciou esta decisión este luns tras reunirse con directivos da Fanpa. Está apoiada nunha comunicación recibida nos últimos días da Xunta de Galicia. O Concello decidira pedir autorización á Administración autonómica para seguir prestando estes servizos que asumían antes da reforma legal e agora ten unha resposta que, malia ser "un pouco ambigua", lle permite seguir adiante coas súas intencións.
"Non é un si rotundo, pero se non nos di que non, entendemos que si. Imos obviar a ambigüidade", indicou Fouces, que agradece a rapidez da Xunta na súa resposta. "Foron dilixentes" e responderon o 14 de xullo a unha carta remitida polo Concello tan só seis días antes, o 8 de xullo.
Fouces engade que dende o Concello necesitan quela Xunta sexa máis clara na súa resposta, de aí que xa anuncie que o próximo ano volverán poñerse en contacto coa Administración autonómica. De momento, están xa a preparar os convenios e liñas de subvencións.
As axudas que se conceden ás Anpa atrasaranse en relación cos prazos que se manexaban en anos anteriores. Segundo explicou, é necesario revisar as bases e "ata xaneiro probablemente non será efectiva a nova convocatoria de subvencións". Iso si, están dispostos a estudar casos concretos de asociacións que teñan dificultades económicas para facer fronte aos seus gastos para poder botarlles unha man.
O Concello asina coa Fanpa un convenio de 206.000 euros que permite a posta en marcha dos comedores escolares e o Plan Madruga, unha colaboración coa asociación de TDH, actividades coas familias e o propio funcionamento da Federación. A maiores, subscribe un segundo acordo de 50.000 euros que se destina ás ludotecas de verán e Nadal e ás bolsas de comedor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario