O DOG acaba de publicar nas súas páxinas o Decreto 101/2015, do 18 de xuño.
A través desta ferramenta lexislativa vénse de crear a Comisión
Tripartita Galega para a inaplicación de Convenios Colectivos, e vén
regular o seu funcionamento. A comisión, como o están outras, estarán
representada pola Administración, a patronal e as organizacións
sindicais máis representativas.
Nunha
situación de normalidade democrática ou nunha sociedade de dereito, e
non de dereitas, o simple enunciado da norma legal sería motivo de
escándalo, e sinxelamente sería considerada un atentado flagrante ós
dereitos universais da clase traballadora, que é o que en realidade é.
Máis a realidade laboral actual dista moitas leguas do que tería que ser
a normalidade, e chégase á aberración de lexislar e desenvolver a
desactivación dos Convenios Colectivos, no lugar de protexer e obrigar
ós explotadores a cumprilos.
A
contradición capital-traballo tense manifestado nos últimos catro anos
de maneira brutal coa desaparición paulatina da negociación colectiva. O
capital, non contento con isto, tamén coa última Reforma Laboral pódese
descolgar dos convenios que aínda permanecen. Os datos de Negociación
Colectiva dun ente tan pouco sospeitoso de extremismo analítico como a
Consellería de Traballo falan por si sós.
Por
suposto, os sindicatos “máis representativos” irán correndiño a
constituíren a comisión tripartita. Hai que xustificar a inacción
sindical dalgunha maneira, e esta, aínda que extravagante, é unha
mostra. O Pacto Social, con carácter permanente desde hai trinta anos,
non é un concepto do sindicalismo radical senón o factor clave que
lexitima a escalada agresiva da patronal contra os dereitos da clase
traballadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario