O Colexio Fonseca de Santiago abre a exposición sobre as 209 imaxes do certame convocado pola Fundación Barrié.
Trinta imaxes que transmiten unha visión artística da ciencia e a tecnoloxía conforman a mostra itinerante que, desde este mércores, estará no claustro baixo do Colexio de Fonseca. As obras foron seleccionadas entre as 209 recibidas para participar no concurso InvestigArte, que por terceiro ano consecutivo organiza a Asociación Galega Xuvenil de Divulgación Científica ‘DivulgActiva’ en colaboración coa USC, a Fundación Barrié a través de educaBarrié, a Fundación Ramón Domínguez e a UDC. Colaboran ademais a revista Investigación y Ciencia, Ingenyus e Roche.Entre as obras que se expoñen figuran as gañadoras do concurso, que nesta terceira edición se consolidou fortemente tanto en número de imaxes recibidas como de visitas á web. Na sección de educación o premio á mellor fotografía foi para ‘Azul asfalto’, de Beatriz González Ponte, do IES Monelos da Coruña, mentres que o mellor vídeo foi ‘La infección vírica’, de Claudia Antepazo Durán, do IES As Barxas de Moaña. O premio á mellor ilustración recaeu en Noelia Tinoco Lacomba, da Escola Rosalía de Castro de Vigo, por ‘Danza de neuronas’ e a obra máis votada na web foi ‘Cristalización Polar’ dos alumnos Christian Núñez Gómez e Victor Pérez Noya do IES da Pastoriza.
Vai pola terceira edición deste certame que impulsa DivulgActiva
Na sección de investigación, na categoría macrofotografía, fíxose co
primeiro premio ‘COLor-eARTE’, do alumno da Facultade de Ciencias de
Lugo Wajih Al-Soufi, mentres que o segundo foi para
‘Gota bailarina’ de Mario Hoyos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de
Polímeros (ICTP) do CSIC. O primeiro premio da categoría
microfotografía correspondeulle a ‘Escaleras de Escher’ de Josue Friedrich Kernahany e colaboradores, da Universidade Autónoma de Madrid, e o segundo foi para ‘Canicas’, de María Carbajo Sánchez,
da Universidad de Extremadura. Nesta sección a obra máis votada polo
público no web é ‘¿Es la misma célula tumoral? Sí, o ¿tal vez no?’, de David Hevia Sánchez, da Universidade de Oviedo.Finalmente, e grazas á colaboración da empresa no concurso, este ano instaurouse o Premio Roche, que gañou ‘Unha Galaxia nunha Célula’, de Ángel Fernández Trasancos, da Fundación Ramón Domínguez.
A exposición permanecerá aberta ata o 12 de setembro de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario