Nunca se insistirá demasiado na importancia da educación para o
futuro dun país: porque non se coñece un instrumento máis eficaz para
asegurar a mobilidade social e diminuír as desigualdades, e polo seu
impacto na competitividade da economía. O programa presentado por
Ciudadanos leva por título Un pacto nacional pola educación, o
que é de agradecer, xa que dende o seu mesmo encabezamento se propón a
reforma da educación como resultado do acordo entre distintas forzas
políticas.
Se algo foi daniño no noso país é o trazado partidista das distintas reformas educativas, máis orientadas a impoñer o propio modelo que a orientar a actividade educacional durante longos períodos de tempo, moito máis dilatados que os ciclos electorais. Unha reforma non debe estar suxeita a cambios drásticos, aínda que si á evolución social e tecnolóxica.
O contido das ideas que se propoñen é suxestivo, e as súas grandes liñas acertadas, aínda que a prosecución do pacto debería requirir un espírito aberto. No ámbito do ensino infantil, primario e secundario, é de destacar a énfase na formación dos profesores, que xunto cos medios materiais asignados e a autonomía dos centros son os verdadeiros artífices da educación. Debemos facer o imposible por devolver o ánimo aos docentes, cada vez con máis responsabilidades e menos apoio das familias, ao tempo que se aumentan os esforzos en dotalos de formación, experiencia e unha metodoloxía axeitada. A avaliación e a rendición de contas de docentes e centros son, por outra parte, o correlato obrigado dunha maior atención ás súas necesidades.
No caso do ensino universitario, a insistencia en sistemas de avaliación que se correlacionar coa distribución de recursos, a internacionalización, a flexibilidade para combater trabas burocráticas excesivas ou a énfase na investigación vai tamén no sentido de facer máis eficaces as nosas institucións docentes e aumentar a súa calidade.
En todo caso, o que importa é fixar eixes de posibles acordos que se concreten en reformas consensuadas, durables e con capacidade de evolución.

Ningún comentario:
Publicar un comentario