JOHANNES KABATEK
O catedrático da Universidade de Zürich
foi alumno da primeira edición dos cursos 'Galego sen Fronteiras' e
impartiu a última palestra da vixésimo oitava edición.
Johannes Kabatek animouse en 1988 a cruzar media Europaa nun deses míticos '2cabalos' para participar na primeira edición dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Vinte e oito anos despois, o catedrático de Lingüística Románica da Universidade de Zürich volveu esta semana a Compostela como convidado desta iniciativa organizada pola Real Academia Galega, informa a entidade, desta volta para impartir unha palestra na que repasou a historia do galego contemporáneo cunha “mirada desde fóra entre datos e impresións”.
Kabatek lembrou ante o alumnado dos cursos, procedente de 16 países, o ambiente daqueles “primeiros anos da normalización lingüística”, que foron os das primeiras xeracións que aprenderon galego na escola, do reforzamento de “núcleos moi comprometidos” co estudo da lingua, do xurdimento do fenómeno dos neofalantes ou da aparición da TVG e da Radio Galega. Neste contexto, alimentado ao abeiro da Lei de normalización lingüística, nacerían tamén os Cursos “Galego sen Fronteiras”, indicou. “Creáronse coa idea de que os estranxeiros tamén damos certo prestixio á lingua, porque tamén contribuímos á súa normalización”, salientou o filólogo, académico correspondente da Real Academia Galega desde 2002.
"Éxito superficial"
Os anos seguintes trouxeron un “éxito superficial” da política lingüística que mellorou a capacidade de ler e escribir en galego da poboación, pero tamén persistiu a diglosia e avanzaron a castelanización e novas variedades cada vez máis afastadas da tradición dialectal galega, proseguiu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario