O Concello resolveu o convenio co centro a distancia por «a ínfima oferta académica» e o escaso número de alumnos matriculados
O Concello de Lalín adoptou a decisión de finiquitar o
convenio que existía entre o goberno municipal e o Padroado do centro
asociado da UNED en Pontevedra e pechar a aula lalinense. A razón é «a
ínfima oferta académica» da que dispuña o centro na zona e o escaso
número de alumnos matriculados.
A cambio, o Concello ten previsto incrementar a
cantidade destinada aos bonos de transporte público destinados a
universitarios. a idea é poder beneficiar a un número maior de
estudantes e «propiciar ou seu acceso a un maior número de titulacións».
O Concello ampliará tamén a cobertura destas axudas e si ata agora, o
bono estaba dirixido só a estudantes de Lalín que cursasen estudos por
libre, agora ampliarase tamén aos que necesiten desprazarse a centros
asociados da UNED situados noutras localidades.
Desde o goberno local recórdase que o acordo, entre
Concello e UNED, mantiña aberta un aula na que se impartía unha única
titulación: neste caso a de Administración e Dirección de Empresas e na
que este ano, apuntan, «só estaban matriculados trece alumnos,
repartidos en tres cursos».
A
aula da UNED está situada no que no seu día foi o antigo Centro de
Formación Téxtil. as obras de acondicionamento do edificio, situado no
polígono Lalín 2000, foron executadas no seu día por Antalsis. O centro
asociado da universidade a distancia empezou a súa actividade en Lalín
en novembro do 2007 con cursos de formación e o curso de acceso á
Universidade para maiores de 25 anos.
Un aforro que irá a políticas sociais e aos bonos de transporte
O goberno local recorda que o Concello de Lalín
estaba a destinar á aula da UNED máis de 50.000 euros para manter
operativo este servizo, o que supón, apuntan, un gasto de caso catro mil
euros por alumno. Anuncian que o aforro derivado da resolución do
convenio coa UNED e que, explican, «unha parte aínda está por
cuantificar», destinarase a incrementar as axudas para os bonos de
transporte. Outra parte deste aforro, sinalan, «servirá para aumentar as
partidas do Concello adicadas a políticas sociais, a gran prioridade
deste mandato»·
No momento da súa apertura, a finais do 2007, a UNED
tiña só dous convenios en España para a apertura deste tipo de centros.
Un deles era o de Lalín. Nos últimos anos, o Concello de Lalín buscou
apoios de cara á posibilidade de incrementar a oferta do centro con
novas titulacións, previstas na súa apertura, pero que non chegaron a
materializarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario