O próximo curso pecharán 13 escolas unitarias por falta de alumnado nas catro provincias galegos.
Un total de 13 escolas unitarias pecharán o vindeiro
curso por falla de alumnado nas catro provincias galegas, ao non chegar o
número mínimo de alumnos presentados, cinco ou menos.
Segundo a Consellería de Educación e Cultura os datos demográficos
mostran unha caída do número de escolares na etapa infantil, pola baixa natalidade, de maneira que no próximo curso haberá en Galicia 505 alumnos menos que entran en cuarto de infantil (3 anos).
Así, na provincia da Coruña non alcanzaron o número mínimo de alumnos os centros de Fonte Moura, en Cambre (4 alumnos); de Limodre, en Fene (5); de Tállara, en Lousame (2); de Vilar, en Oleiros, que se integra no novo CEIP de Nós; de Montaos, en Ordes (4); de Souto, en Paderne (5), e o de Loiba, en Ortigueira (3 alumnos).
En Lugo deixan de prestar servizo os centros de Ponche de Doiras, en Cervantes (4 alumnos) e o CEIP Vicente Casabella, en Ourol,
cuxo peche responde a unha decisión das propias familias, xa que elas,
nun total de 8, foron as que decidiron matricular aos seus fillos no de Viveiro, segundo a Xunta.
En Ourense, tamén con consenso das familias, pecha o Nosa Señora do Carme, en Calvos de Randín e os seus 7 alumnos pasan ao centro dos Blancos; mentres que, en Pontevedra, deixarán de funcionar os centros de Vide, nas Neves (5 alumnos), o de Samieira, en Poio (3) e o de Pedroso-Bamio (4 alumnos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario