CONCENTRACIÓN PERANTE O CENTRO HÍPICO
Un cento de persoas concentráronse esta
mañá diante das instalacións de Casas Novas (Arteixo), propiedade da
familia de Amancio Ortega, para denunciar o caso da nena de 10 anos
humillada no centro hípico por falar galego e para reivindicar o
respecto pola lingua propia do país.
Á vez que operarios retiraban o mobiliario da 30ª edición do Concurso Internacional de Saltos de Casas Novas (situado en Arteixo), un cento de persoas clamaban polo dereito a vivir en galego baixo a mirada de tres membros da garda civil. Con esta mobilización, A Mesa pola Normalización Lingüística quixo denunciar de maneira simbólica o “maltrato” e o “racismo” sufrido pola nena de 10 anos polo simple feito de falar a lingua do país neste centro hípico propiedade da familia do fundador de Inditex, Amancio Ortega (xestiónao unha empresa presidida pola súa esposa, Flora Pérez).
O presidente da Mesa, Marcos Maceiras, interveu ante as persoas que acudiron á chamada da asociación para cualificar de “desprezábel” o trato aturado pola nena por parte dunha das monitoras –que chegou a dicirlle que “a ti no te entiendo como hablas” ou “aquí todos hablamos castellano y tú tienes que hablar castellano”- e para exixir a intervención da Xunta de Galiza e mais o amparo do Valedor do Pobo. “Dirixímonos tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística como ao Valedor para que adopten medidas contra o centro hípico pola vulneración dos dereitos lingüísticos da rapaza”, expuxo, “as Administracións competentes teñen que sancionar este tipo de discriminacións inconcibíbeis”.
O presidente da Mesa aproveitou a súa intervención para lamentar a actitude da empresa, que no canto de adoptar medidas internas se limitou a devolverlle os cartos á familia da crianza humillada. “Atopámonos ante unha situación gravísima da que é responsábel a empresa”, insistiu Marcos Maceiras.
Na concentración, na que participaron representantes do BNG de Arteixo encabezados pola súa portavoz, Silvia Seixas, tamén tomou a palabra unha portavoz da familia da rapaza discriminada para agradecer, emocionada, o apoio recibido ao longo destes días.

O presidente da Mesa anima a denunciar as agresións psicolóxicas por usar a lingua na Liña do GalegoMarcos Maceiras reclamoulle á Xunta de Galiza que cumpra coa “súa obriga de garantir os nosos dereitos lingüísticos os 365 días do ano” e lembrou que todos os veráns A Mesa ten coñecemento de discriminación por razóns de lingua en campamentos de verán. “O caso de Casas Novas non é un caso illado, por iso animamos as persoas que sofran agresión psicolóxica por empregar a lingua a denunciar a través da Liña do Galego da Mesa todas”, sinalou.
O presidente da Mesa aproveitou a súa intervención para lamentar a actitude da empresa, que no canto de adoptar medidas internas se limitou a devolverlle os cartos á familia da crianza humillada. “Atopámonos ante unha situación gravísima da que é responsábel a empresa”, insistiu Marcos Maceiras.
Na concentración, na que participaron representantes do BNG de Arteixo encabezados pola súa portavoz, Silvia Seixas, tamén tomou a palabra unha portavoz da familia da rapaza discriminada para agradecer, emocionada, o apoio recibido ao longo destes días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario