A Universidade de Santiago de Compostela acollerá os vindeiros 10, 11 e 12 de setembro a IV
Edición do Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef) que reunirá
prestixiosos profesionais chegados de distintas partes do mundo en torno a un amplo abano temático,
que abrangue dende a discapacidade e a contorna familiar ao acoso escolar ou a tecnoloxía, entre
outros.
A conferencia inaugural de Ciatef15 correrá a cargo de Manuel Posada, director do Instituto de
Investigación en Enfermidades Raras do Instituto Carlos III de Madrid. Xunto a el, o congreso
contará con especialistas como o presidente da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER),
Juan Carrión; o presidente da Federación Estatal de Profesionais de Atención Temperá (GAT), Juan
Carlos Belda; o pedagogo e criminólogo Vicente Garrido; ou os catedráticos Ángel Carracedo, da USC,
e Gonzalo Musitu, da Universidade de Sevilla.
Durante os tres días debaterase en varias mesas e simposios sobre cuestións como a importancia
da familia como eixo da atención temperá, o impacto que teñen na unidade familiar os síndromes
minoritarios e as enfermidades raras ou a forza da familia nunha educación para o éxito, entre
outros moitos temas.
O prazo para a formalización da matrícula continúa aberto. Pode realizarse a través da páxina
web do congreso:
http://www.usc.es/congresos/ciatef15.
Ningún comentario:
Publicar un comentario