EFECTOS DA CRISE DEMOGRÁFICA
Nunha década botou o fecho unha de cada
tres escolas unitarias que había no noso país, proceso que evidencia o
despoboamento de amplas zonas do rural. A ausencia de crianzas, unha das
realidades máis dramáticas.
A Xunta vén de recoñecer que de non se correxir a tendencia actual e de se cumprir os peores prognósticos para o ano 2050 Galiza podería ter un millón de habitantes menos, un 36% menos que os que posúe na actualidade. O goberno galego vén de lle solicitar a 60 expertos ideas e propostos para incorporar a un plan estratéxico que serva para reverter esa proxección.
Mais os dados actuais amosan como unha parte significativa de Galiza vai ficando deserta,sen apenas poboación e moito menos poboación moza. Algo que ten a súa imaxe máis nidia na ausencia de alumn@s. A Consellaría de Educación anunciou a pasada semana que vai pechar 15 escolas unitarias, decisión que deriva da falla de alumn@s, explica. Non é unha novidade. Na última década suprimíronse no noso país unha de cada tres unitarias, foron máis de 250 escolas as que xa non existen por botar o fecho nestes anos, segundo dados de 'Os colexios rurais agrupados, outro modelo de educación rural en Galicia', do mestre Ángel Segovia.
Preocupante
Hai unha vintena de concellos galegos, sobre todo na provincia de Ourense, onde non hai ningunha escola. O por que? Porque non hai nen@s. E en 70 concellos hai menos de 15 nen@s que teñan entre 3 e 5 anos. De non se reverter a situación, estes municipios irán aos poucos caendo no foxo daqueles que non posúen colexio. E sen colexio, os concellos decaen. A emigración, a queda da natalidade, o envellecemento, a falla de oportunidades laborais e de servizos básicos... importantes zonas do rural están a sofrer un despoboamento máis que alarmante.
Hai que lembrar que no inicio do curso 2014/15 matriculáronse en educación infantil 2.500 alumnos menos que no curso anterior.

Ningún comentario:
Publicar un comentario