A intervención do Ministro de Educación na súa primeira comparecencia
no Congreso dos Deputados marca diferenzas no modo de proceder do MECD.
CEAPA espera que non só sexan declaracións de boas intencións
encamiñadas a mellorar a imaxe do MECD e do Goberno de cara ás próximas
eleccións xerais e velas convertidas en propostas concretas.
CEAPA esixe a gratuidade total do ensino na etapa obrigatoria, e
coincide co Ministro sobre a necesidade de aumentar as bolsas para
libros de texto, xa que é un dos problemas aos que se enfrontan as
familias cada inicio de curso. Non obstante, CEAPA cre que esta medida
está destinada a facilitar a implantación da LOMCE naqueles centros que
se cuestionan o cambio de libros e materiais para o novo curso, o que
supón destinar diñeiro público de forma innecesaria para único beneficio
das editoriais que manifestaron a súa intención de denunciar ás
consellarías de educación daquelas comunidades autónomas que decidan
paralizar a LOMCE, polo prexuízo económico que lles supón ao non vender
os libros que tiñan previsto.
CEAPA bota en falta que o Ministro na súa intervención non nomease a
necesidade de aumentar os presupostos para bolsas de comedor así como a
apertura dos comedores escolares durante os días non lectivos para
combater a pobreza infantil cuxas cifras non deixan de aumentar ano tras
ano.
CEAPA coincide co Ministro na necesidade de aumentar a contía do
presuposto para axudas ao estudo, para que ninguén deixe de estudar por
motivos económicos. Por esta mesma razón CEAPA pide ao actual Ministro
que realice unha Amnistía Educativa para aquelas familias ás que se lles
está a esixir a devolución da bolsa concedida en cursos anteriores por
non superar o 50% das materias, xa que o MECD modificou as bases da
convocatoria, considerando como criterio de devolución a non superación
da metade das materias dando á bolsa a consideración de subvención
finalista ao contemplar que "non" se destinou o diñeiro á finalidade
para a que foi concedido", cando a realidade é que eses estudantes
destinaron o diñeiro á compra de libros e materiais e algúns mesmo o
destinaron ao transporte por vivir no medio rural.
CEAPA valora de forma positiva que o Ministro de Educación abordase o
acoso escolar nun escenario como o Congreso dos Deputados trasladando a
necesidade de traballar na convivencia escolar así como na mellora de
protocolos de actuación e a posta en común de boas prácticas en
convivencia. Non obstante, CEAPA non comparte que o Ministro utilizase o
termo "violencia escolar" na súa intervención xa que resulta totalmente
inadecuado para o ámbito educativo, e lle pide que convoque o
Observatorio Estatal pola Convivencia tal como se lle recomenda por
parte do Consello Escolar do Estado na Resolución aprobada a súa
Comisión Permanente o pasado mes de xuño.
CEAPA dúbida da efectividade que pode ter a convocatoria da
Conferencia Sectorial 15 días antes do inicio de curso, e esperaba que o
Ministro a tivese convocado de urxencia como a súa primeira actuación
tras a súa toma de posesión, para conseguir un inicio de curso o máis
consensuado posible, visto o resultado das eleccións autonómicas e os
anuncios realizados pola maioría delas de paralizar a LOMCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario