Cunhas 1.300 sinaturas recollidas xa, o grupo promotor desta marcha unitaria adiantou que Xurxo Souto será o mestre de cerimonias nuns actos nos que Valentín García Bóveda (neto de Alexandre Bóveda), Patricia de Lorenzo, Federico Pérez Rei e Alba Cuba serán os encargados de ler o manifesto. Ademais, Mercedes Peón, Uxía, Paula Chaves, Alba María e Lidia Botana serán os encargados das actuacións musicais, para rematar o acto coa interpretación do himno de Galicia interpetado polo gaiteiro Moncho do Orzán.
Xurxo Souto será o mestre de cerimonias dun acto no que actuarán Mercedes Peón ou Uxía"Este é o primeiro 25 de Xullo na historia recente de Galicia que non o convoca un partido político ou un conxunto de partidos", destacaron membros da comisión promotora, que reiteraron o "agradecemento" ás organizacións que mostraron o seu apoio e ás que animaron aos seus militantes a asistir a esta celebración que, segundo consideran, "debería ser día de todos os galegos e galegas, o Día Nacional no que reivindicamos o noso dereito a ser, a gobernarmos por nós mesmos".
"O 25 de xullo debería ser día de todos os galegos, o Día Nacional no que reivindicamos o noso dereito a ser, a gobernamos por nós mesmos"Nese sentido, animaron a toda a cidadanía a responder a ese espírito inclusivo e defensa dos intereses da grande maioría da sociedade galega.
O escritor Suso de Toro destacou que, "hoxe por hoxe, este 25 de xullo xa é un éxito, polos apoios que concita, e polo debate de levantou", e animou a que ese día, "ninguén quede na casa e todos se sumen ao que ten que ser unha festa".
O Manifesto pola Unidade está asinado a tal hora por 1.300 persoas e a páxina de Facebook (25 de xullo de 2015-A nación galega) leva máis de 20.000 visitas en tres días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario