Aproveitando a chegada do período estival, a Asociación de
Funcionarios para a Normalización Lingüística está a difundir o vídeo
promocional SonDeSeu, as emocións dun pobo, que narra a traxectoria da orquestra folk SonDeSeu e serve de presentación da nova edición da campaña Mil festas máis para a lingua galega.
Esta iniciativa está dirixida aos concellos, comisións de festas e
entidades culturais galegas, co ánimo de incentivalos a que teñan en
conta o idioma galego á hora de programar as festas populares, referente
da vida social dos galegos.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario