O número de beneficiarios en toda España medra un 41% nun lustro, pero a contía media recúa a niveis de 2004 e sitúase nos 2.562 euros.
O número de bolseiros que estudan unha carreira medrou de forma notable, un 41,12%, no curso 2013-2014 con respecto a 5 anos antes, de modo que e o 26% dos estudantes percibiu algunha axuda do Estado. Destacouno no seu momento o xa exministro José Ignacio Wert, pero isto responde “á perda xeneralizada de poder adquisitivo dos españois desde a crise” e prodúcese malia o endurecemento dos requisitos académicos esixidos” polo Goberno, que alimentan “un maior nivel de precariedade, máis incerteza e máis exclusión”, alerta o informe La Universidad Española en Cifras 2013-2014.A análise, presentada onte pola Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) en Madrid, sinala nesta liña que o aumento dos bolseiros vén acompañado dun retroceso no importe medio das bolsas, ata o extremo de recuar a niveis de 9 anos atrás e quedar nos 2.562 euros –incluída a compensación das taxas de matrícula–, case 700 euros menos ca no curso previo.
O estudo detecta ademais claras diferenzas entre comunidades e sinala a Galicia como a peor parada no descenso da contía media das bolsas: foi dun 21,32% con respecto ao 2008-2009, por riba da caída do 14,83% no conxunto das universidades públicas presenciais e similar á do 21,13% de Andalucía, que contrasta coa menor ao 2% en Cantabria.
O ESFORZO EN BOLSAS, “EXTRAORDINARIAMENTE”
POR BAIXO DA OCDE E DA UE. Se a comparativa é internacional, os reitores suspenden sen ambaxes o sistema de bolsas universitarias español. Está, en palabras do presidente da CRUE, Manuel López, “extraordinariamente” por baixo da media da UE e da OCDE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario