O número de familias que se atopan nesta situación no noso país duplica as existentes hai cinco anos, segundo o estudo do Foro Económico de Galiza.
En Galiza hai no 2015 un total de 35.500 fogares que con contan con ningún tipo de ingresos. Nin por traballo, nin por prestación, nin axudas... É a cifra máis alta da serie histórica analizada co comezo da crise: 35.500 fogares, o duplo dos existentes en 2010. Naquel ano estaban sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares.Durante 2011, 2012 e 2013 o número de familias nesa situación foi aumentando paulatinamente, chegando a 35.100 fogares en 2013. Comezou a descender en 2014 (34.300 familias), mais neste 2015 volveu haber incremento. A fin das prestacións por desemprego, o paro endémico en determinadas situacións... son algúns dos factores que poden axudar explicar o drama destes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso.
Un dado positivo: por primeira vez desde 2009 o número de fogares onde todos os seus activos son ocupados aumenta en termos inter-anuaisA isto hai que engadir que hai 94.900 vivendas onde todos os activos están no desemprego, un número que malia elevado, supón un descenso a respecto de comezos de 2014, cando nesta situación había por volta de 101.500 fogares. Porén, segue a ser un número moi, moi superior ao existente hai cinco anos, cando a crise xa comezaba a bater con nitidez en Galiza. Daquela había 61.600 familias nese estado -todos os activos no desemprego-, o que supón 30.000 fogares menos que na actualidade.
Un dado positivo: por primeira vez desde 2009 o número de fogares onde todos os seus activos son ocupados aumenta en termos inter-anuais, situñandose neste ano en 517.800. Mais, outra vez, a comparativa con 2010 é demoledora: daquela había 567.400 familias con todos os membros ocupados, o que supón 50.000 fogares máis do que na actualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario