O I 'Encontro galego de nov@s pensador@s' debate sobre culturas minorizadas e como loitar por unha interaccón máis xusta coas correntes e grupos hexemónicos.
O primeiro 'Encontro galego de nov@s pensador@s'debaterá acerca de que tácticas de resistencia poden pór en marcha aqueles grupos e culturas minorizadas "para resistir a unha situación de colonización cultural e loitar por unha interacción máis xusta coas correntes e grupos hexemónicos".
A inauguración do encontro, que se celebrará a próxima semana, na
Facultade de Filosofía da USC, comezará coa conferencia que pronunciará
Paula Godinho, da Universidade Nova de Lisboa, coa intervención 'O celtismo, entre políticas de identidade e prácticas da cultura'.
A continuación comezará un taller dedicado a 'Filosofía dentro e fóra da institución' para a presentación de proxectos autónomos de pensamento en galego.
O conxunto de relatorios do tres días do encontro organízanse ao redor
de sete mesas redondas temáticas que abordan cuestións relacionadas coa
comunidade, periferia, colonialismo cultural, minoría e precariedade,
entre outros temas.
O primeiro 'Encontro Galego de nov@s pensador@s' está organizado polo
proxecto europeo CampUSCulturae coa colaboración da asociación cultural
para a promoción da filosofía contemporánea en lingua galega Proxecto
Derruba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario