O Convivio quere ser un espazo anual de encontro e de festa entre todas aquelas persoas e colectivos do país que facen cultura galega, de base e popular, desde todas as súas expresións, xuntándose ao bo abeiro de Manuel María na súa “Tribo” natal de Outeiro de Rei da Terra Chá, entre a súa nativa Casa de Hortas, desde o 7 de setembro de 2013 Casa-Museo, e a magnífica paraxe natural da Carballeira da Santa Isabel, á beira dos ríos Miño e Ladra, onde se desenvolverá a maior parte da xornada.
Hai tamén un evento en Facebook que vos animamos a compartir para quen esteades nesta rede social: https://www.facebook.com/events/1629378080608365/
O xantar será na Carballeira, onde hai algunhas mesas (a organización porá cadeiras). Lembrade, iso si, que cada quen deberá levar a súa propia comida e bebida.
Desde algunhas comarcas do país haberá autobuses gratuítos para facilitar o desprazamento a Outeiro para quen o precisar ou preferir ese medio de transporte. Convén reservar praza chamando aos teléfonos que se indican en cada caso:
A Coruña: 698 177 621 ou fundacion@manuelmaria.com
Ferrol: 646 571 168 (vaiporelas@gmail.com)
Compostela: 676 675 030
Ningún comentario:
Publicar un comentario