Os galegos residentes no estranxeiros aumentaron un 13,4% en catro anos. En cinco meses, o censo de votantes en Galicia baixou en 20.000 persoas.
Galicia segue tendo un burato enorme na súa poboación. Os mozos seguen emigrando, os vellos morren e nacen menos nenos.
En tan só en cinco meses o censo de votantes descendeu en 20.000
persoas, entre as que morreron ou marcharon. Iso, a pesar de que a Xunta
e o seu presidente insisten en asegurar que Galicia xa saíu da crise.
Son datos do Instituto Nacional de Estatística que
recolle que o número de persoas censadas para votar en Galicia nos
próximos comicios diminúe, mentres que aumentan os galegos que residen
noutros países. En catro anos, desde os comicios xerais do 2011 ata agora, Galicia perdeu 400.000 persoas, e o censo de votantes no estranxeiro aumentou un 13,4%.
Así, nas eleccións do próximo 20 de decembro figuran inscritos nas estatísticas do INE un total de 2.265.812 electores residentes nas catro provincias, aos que hai que engadir 440.018 galegos residentes no estranxeiro.
Nos comicios municipais de maio pasado estaban censadas en Galicia un
total de 2.284.763 persoas e nos últimos comicios xerais, de hai catro anos, estaban convocados ás urnas un total de 2.688.799 galegos con dereito a votar, dos cales 381.877 están incluídos no censo de residentes no estranxeiro.
De acordo con esas cifras, comparativamente aos últimos comicios xerais de fai catro anos, o censo de persoas residentes en Galicia diminuíu en 1,7 % e o de galegos residentes no estranxeiro aumentou en 13,4 %.
Estes son os datos divulgados polo INE para as eleccións ás Cortes Xerais por circunscricións:
PROVINCIA RESIDENTES ESTRANXEIRO TOTAL
A Coruña 936.705 152.115 1.088.820
Lugo 286.322 63.210 349.532
Ourense 267.724 97.788 365.512
Pontevedra 775.061 126.905 901.966
Ningún comentario:
Publicar un comentario