CAMPAÑA NAS REDES SOCIAIS
O coñecido portal de viaxes TripAdvisor
exclúe as opinións escritas en galego. En protesta, a Mesa pola
Normalización Lingüística lanza unha campaña nas redes sociais para
facerlle ver a TripAdvisor que “o galego existe e que as galegas e
galegos temos opinión”.
“Hola, muchas gracias por escribir una opinión en TripAdvisor. Lamentamos comunicarte que no podemos publicar tu opinión”. Esta é a mensaxe que o portal de viaxes lles envía ás persoas usuarias que enviaron a súa valoración en galego, lingua excluída pola empresa, que permite escribir en alemán, árabe, checo, coreano, chinés, danés, español, eslovaco, finlandés, francés, grego, hebreo, húngaro, holandés, indonesio, inglés, italiano, xaponés, noruegués, polaco, portugués, ruso, serbio, sueco, tailandés, turco e vietnamita.
En protesta pola prohibición de publicar opinións en galego, A Mesa pola Normalización Lingüística vén de emprender unha campaña nas redes sociais na que anima a facer constar o rexeitamento a exclusión do galego baixo a etiqueta #EnGalegoOpino. “As opinións das galegas e e galegos son tan válidas como calquera outras. Este atrevemento de Trip Advisor contra a lingua propia de Galiza, só se explica desde o decoñecemento ou desde o desprezo”, apunta A Mesa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario