O
acoso a menores na Rede é algo real e moi perigoso, un tema que debe
ser vixiado moi de preto. Pensando neste aspecto e na seguridade dos
máis novos, Always
On, empresa especializada en seguridade dixital, crea o seu servizo
antibullying
(anti-acoso). E como se fai posíbel
este control? Pois mediante a instalación dunha ferramenta software
nos dispositivos do menor (computador, móbil ou tableta), a través
da cal se detectarán, previrán ou controlarán posíbeis agresións
ou ameazas na Rede.
No caso de sospeita,
Always On actúa con accións preventivas de identidade dixital. Por
unha banda, un seguimento da pegada en liña do menor, onde un equipo
de informáticos rastrexan toda a información publicada sobre el
(levada a cabo por el ou no seu nome). Poderanse detectar perfís
falsos, mensaxes despectivas publicadas (no seu nome ou cara a el),
comentarios ferintes cara á súa persoa ou difusión de información
comprometida, etc.
En canto a ferramentas
preventivas, a empresa conta co servizo de localización e
monitorización de dispositivos. O equipo informático de Always On
instalará un software no móbil ou tableta do adolescente para:
localizalo no caso de roubo ou para coñecer a súa localización. A
través desta ferramenta o titor terá un rexistro coas mensaxes,
chamadas, audios, que envíe e reciba o menor.
De ter o titor a certeza
de que existen ameazas a través da Rede, o procedemento será
diferente. Un perito informático xudicial accederá aos dispositivos
que poden ter as evidencias das agresións. Unha vez recompiladas,
levaraas perante un notario que extraerá as evidencias dixitais para
emitir unha certificación que as validará como proba legal para
presentar nun xuízo.
Para
aqueles interesados en adquirir o servizo antibullying,
dicir que deben contactar coa empresa a través da súa páxina
web ou o seu teléfono de contacto, onde un técnico exporalle os
procedementos a seguir para comezar co rastrexo. Asemade, a compañía
de seguros Mapfre tamén inclúe este servizo nas súas pólizas para
garantir a seguridade dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario