O conselleiro plantou a nai de Hadrián tras concertar unha xuntanza e continúa sen dar resposta ás súas peticións. Días despois, Nieves Villar e representantes das Anpas Galegas foron recibidas pola oposición, que lles manifestou o seu apoio. O pasado luns tocoulle ao PP nunha xuntanza á que Nieves decidiu non acudir "en coherencia co rexeitamento que o conselleiro de Educación mantén a ter unha reunión con ela, malia lle ser solicitada en numerosas ocasións e por diferentes medios". Poucos avances houbo.
As Anpas insisten nunha normativa que estableza dereitos e que fixe unha atención necesaria atendendo a criterios médicos e tamén educativosAsí o aclara Fernando Lacaci, vicepresidente das Anpas Galegas, confederación que insiste na importancia de elaborar unha normativa que "estableza dereitos, non só intencións", que fixe unha atención necesaria para cada cativo enfermo, que se escoite todo tipo de expertos e que o modelo se basee tanto en criterios médicos como educativos.
En definitiva, e tal e como explica Lacaci, a súa proposta é que o equipo médico teña moito que dicir, pero que sexa un equipo docente o que determine o número básico de horas necesarias que precisan os nenos enfermos. "Logo os médicos serán os que decidan se precisa máis ou menos, tras a análise co equipo de expertos necesario", aclara. En definitiva, asegurar e garantir unha atención axeditada para todos os afectados e en xeral, máis aló dunha única decisión individual dun doutor. Que se estableza un procedemento que vincule a diagnose da enfermidade co inicio das actuacións educativas, sen que a familia teña que ter a máis mínima iniciativa.
"O modelo que nos expón o PP continúa a ser un modelo caso por caso, baseándose na indiscutíbel individualidade sanitaria; nós defendemos que os dereitos dos nenos e nenas enfermos teñen que estar garantidos previamente, e logo se modularán en función da súa saúde, escoitando aos equipos médicos pero tendo diante a perspectiva dun futuro educativo; non é o mesmo partir da excepcionalidade que permitir a excepcionalidade", aclaran as Anpas Galegas.
O PP asegura que xa se prepara un novo protocolo pero as Anpas advirten que se basea en "xeneralidades"O grupo parlamentario do PP aclaroulle aos representantes dos pais e do propio Hadrián que a Xunta "está a redactar un novo protocolo, no que tamén se está a consultar a expertos de referencia na materia" dentro da "Estratexia de Convivencia 15-20 e do Educonvives.gal". Desde as Anpas aclárase que nin as Anpas nin ningún colectivo das familias foi aínda chamado a esas supostas xuntanzas e aseguran que o Educonvives "fala de absolutas xeralidades, un manual de primeiros auxilios, sen modificación importante ningunha nin intención de marcar un número de días necesarios de aulas para cada caso".
O PP apunta que este novo protocolo de atención educativa domiciliaria incluirá accións para a formación dos profesores destinados a este servizo; o reforzo da coordinación entre as consellerías de Educación e Sanidade para ofrecer un servizo áxil e adecuado ás necesidades de cada neno; e recabar información para protocolarizar que cada caso sexa atendido individualmente. Desde as Anpas, no entanto, advírtese da falta de medios e profesores destinados a estes labores e que adoitan ser realizadas por voluntarios. Por iso, as Anpas reclaman un corpo de profesores que dispoñan da formación específica necesaria, non só académica, para poder cubrir as necesidades dos doentes
Respecto da demanda dun mínimo de 12,5 horas semanais de atención na casa para os nenos ou nenas que se vexan na situación do non poder asistir ás clases ordinarias durante un período prolongado, o PP cre que "non é correcto, xa que nalgún caso beneficiaría pero noutros casos perxudicaría os solicitantes, xa que hai casos que neste momento xa gozan de máis horas de atención".
Unha cadea humana encabezada por Hadrián en Malpica volverá demandar o día 12 unha axeitada atención hospitalaria e domiciliariaPrecisamente, e para reclamar unha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria, as Anpas Galegas e a Federación de Anpas da Costa da Morte convocan para o vindeiro 12 de decembro ás 12 do mediodía unha cadea humana en Malpica que será liderada por Hadrián e pola súa familia. Na mobilización exixirase de novo que se elabore unha normativa que estableza cal debe ser a atención necesaria para cada nena ou neno enfermos. E mesmo se proporán cifras concretas: fixar un estándar de 12,5 horas semanais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario