Nas últimas semanas a
Consellería vén de interpretar dun xeito bastante discutíbel e
arbitrario a nova Lei 2/2015 de Emprego Público da Galiza, ao abeiro da
cal, pretende eliminar o permiso recollido no artigo 120 da orde do 7 de
abril do 2008 que, entre outras cousas, fai alusión ao ás enfermidades
leves inferiores a tres días que o profesorado tiña que acreditar
documentalmente.
Nesta liña interpretativa, as ausencias que até agora se xustificaban co
citado artigo, pretenden incluílas dende a Consellería no artigo 27o do
capítulo V, correspondente a imprevistos, artigo polo cal "a dirección
do centro poderá aceptar as xustificacións non documentais do persoal
funcionario docente ata un máximo de vinte e catro períodos lectivos
durante o curso."
A todas luces parece unha lectura bastante dirixida por parte da
Consellería que, interesadamente, obvia o que di a Disposición
derrogatoria primeira-2o, textualmente:
"Mantén a súa vixencia no que non resulte incompatible con esta lei e co
Estatuto básico do empregado público a normativa de desenvolvemento da
lexislación da función pública de Galiza, mentres non entren en vigor as
disposicións de desenvolvemento da presente lei que a substitúan".
Se a consellería sospeita dun abuso fraudulento deste premiso, é o deber
da inspección médica actuar neste ámbito, e non culpabilizar a todo o
colectivo docente, o que xa está a causar conflictos entre as direccións
e o profesorado, e que redunda aínda mais nesta campaña de desprestixio
e de perda de dereitos da nosa profesión. E o que resulta a todas luces
inadmisible son as ameazas con sancións administrativas que as
distintas inspeccións están a enviar aos centros docentes, sancións
administrativas que, no caso de persoal interino e substituto,
implicarían a expulsión das listaxes. Iste se traduce para
este persoal en que, se teñen un catarro, unha afonía ou unha
gastroenterite, ou van a traballar igual ou se arriscan a que, de facto,
os despidan.
O STEG entende que os permisos e licenzas do mesmo contribúen á calidade
do ensino, non van na súa contra. A conciliación da vida familiar e
laboral e a atención dos aspectos recollidos na normativa da que a
Consellería quere prescindir non é unha regalía, senón algo
perfectamente comprensíbel para calquera persoa.
Se á Consellería lle molesta que as traballadoras e traballadores teñan
dereitos neste senso, o que debe facer é derrogar a normativa vixente e
facer outra, ou ben desenvolver a Lei de Emprego Público, nunca levar
adiante manobras improvisadas e máis sospeitosas de querer atacar o
profesorado que depromover a mellora do ensino público.
Por todo isto, o STEG esíxelle á Consellería que cumpla a legalidade e
que manteña o permiso de tres días por enfermidade leve ata que non
publique unha nova normativa que desenvolva a lei 2/2015 para permisos e
licenzas do persoal docente, e que derrogue ou modifique a Orde do 7 de
abril do 2008, aínda en vigor.
Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario