Por exemplo, o pasado ano investíronse 477'2 millóns de euros en I+D en Galicia (nove millóns máis que en 2013), porén a cifra está máis de cen millóns por debaixo da de 2008 (584 millóns) e sitúase practicamente en niveis de 2006. O mesmo sucede coas magnitudes de persoal: o número de xornadas laborais completas ligadas a procesos de I+D creceu en 2014 por vez primeira en catro anos. Chega ás 9.405 (19 máis), moi lonxe das 10.809 de 2010 e está mesmo por debaixo dos datos de 2008.
Analizándoo por áreas, vemos que a recuperación experimentada en 2014 se debe sobre todo a un crecemento do investimento en I+D no sector privado, que mellora en 13 millóns de euros e 170 postos de traballo máis. As cifras da investigación realizada polas administracións públicas non varían e os datos nas universidades mesmo experimentan novos retrocesos.
Con respecto ao ano 2008, momento do inicio da crise económica e cando aínda non se aplicaran os duros recortes dos anos seguintes, o investimento en I+D a través das universidades en 2014 está aínda 45 millóns de euros por debaixo, con 400 postos de traballo menos. O mesmo sucede na investigación realizada a través doutras administracións públicas (un descenso acumulado de 8 millóns de euros e 73 empregos).
2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gasto en I+D | 405196 | 449522 | 555626 | 584213 | 524125 | 531601 | 526471 | 487840 | 468701 | 477279 |
% | 4 | 3.8 | 4.2 | 4 | 3.6 | 3.6 | 3.7 | 3.6 | 3.6 | 3.7 |
Persoal | 8496 | 8281 | 8659 | 9681 | 9972 | 10809 | 10146 | 9509 | 9386 | 9405 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario