Que pasa na Costa faise eco do "proxecto Regueifesta", iniciativa de dous institutos públicos para popularizar a regueifa enter os mozos valéndose das novas tecnoloxías. A presentación será hoxe en Santiago coa presencia de Manolo Maseda e Séchu Sende.
O pasado e o presente conviven no traballo que presentan esta tarde o
IES Maximino Romero de Lema – Baio – e o IES Marco do Camballón – Vila
de Cruces- na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Alumnos en alumnas dos dous centros de ensino, xunto cos profesores
Manolo Maseda e Séchu Sende e as regueifeiras Alba María e Sara
Marchena, presentan o “proxecto Regueifesta” .
O proxecto, que se enmarca dentro das xornadas de Tradición Oral da
Biblioteca Anxo Casal, é unha iniciativa de normalización linguística
impulsada polo instituto baiés e o IES Marco do Camballón, de Vila de
Cruces, que ten como obxetivo impulsar a regueifa como unha forma de
socialización entre a xente nova, un instrumento para desenvolver
habilidades lingüísticas, un recurso para estimular a creación musical e
para o tempo libre da mocidade.
“Regueifesta” está amadriñado pola regueifeira Aurora Ramos Pereiro, de
Baio, de 103 anos de idade, e máis polo regueifeiro Xairo de Herbón, de
12 anos. Un exemplo claro do abano xeracional no que se move este
fenómeno social.
O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das
redes sociais no proceso de socialización. A maiores tamén están
programadas outras actividades como: unha excursión a Euskal Herria para
coñecer o bertsolarismo de primeira man (a improvisación oral vasca),
un Congreso de Formación para docentes, pais e nais no mes das Letras ou
unha Festa final do Proxecto así como a elaboración de material
divulgativo de carácter didáctico e un documental entre outras
actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario