INSTAN A XUNTA A DISTINGUIR ENTRE TURISMO E PATRIMONIO
Representantes de colectivos,
entidades, empresas e profesionais de todo o país vinculados ao
patrimonio reuníronse en Compostela e acordaron constituírse nunha
plataforma co fin de profesionalizar o sector.
A raíz do malestar xerado pola aplicación do Decreto 73/2015 polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galiza, do que se fixo eco Sermos Galiza, profesionais e industrias culturais do ámbito do patrimonio reuníronse o sábado, 28 de novembro, no auditorio do Museo do Pobo Galego, en Compostela, e acordaron poñer en marcha unha plataforma a prol da profesionalización e proxección social do sector. Así, acordaron afortalarse como sector para “achegarlle mellor á sociedade as ferramentas para o coñecemento, preservación e divulgación dos bens materiais e inmateriais que conforman o patrimonio común das galegas e galegos”.
Desta maneira, profesionais do ámbito da arqueoloxía, historia, historia da arte, restauración e medio ambiente, xunto con representantes de institucións como as universidades, colexios profesionais ou da igrexa, compartiron “o convencemento do potencial do patrimonio cultural e natural como ben social capaz de xerar cultura, cidadanía e futuro”. Entre os acordos aos que chegaron, atópase a necesidade de poñer en valor “a alta capacitación das persoas profesionais e o potencial dos seus innovadores servizos, a relevancia económica e social dos emprendementos e o seu compromiso persoal e profesional coa sociedade e os bens culturais herdados”.
Fontes do sector sinalan en declaracións a Sermos Galiza que van seguir traballando por que a Xunta de Galiza distinga entre turismo e patrimonio cultural e que a problemática que sofren as persoas profesionais se teña en conta á hora de redactar a nova Lei do Patrimonio Cultural que prepara o Goberno galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario