A
empresa galega de solucións integrais da comunicación FOGA
(Fornecementos Galegos), centrada nas áreas de reprografía e
informática avanzada (entre outros eidos de actividade), vén
de anunciar a renovación do seu certificado como único socio
oficial (oficial
partner) para Galicia do programa
Samsung School para o ano 2016. Esta
plataforma de xestión docente da compañía coreana integra
software e dispositivos móbiles no mundo do ensino. A
finalidade desta innovación
tecnolóxica é potenciar ao máximo
o rendemento dos estudantes, tanto nas aulas coma na casa.
Con este
fin, FOGA seguirá a organizar sesións na liña dos seus Obradoiros
prácticos Samsung-School, eventos
formativos para o profesorado organizados en colaboración con
Samsung. Estes eventos son impartidos por docentes con experiencia no
manexo de tabletas na contorna educativa.
E
ampliando a información, cómpre dicir que a plataforma tecnolóxica
de Samsung School para
Galicia, artellada por FOGA e achegada na nosa lingua, componse
dun software que controla encerados dixitais e
tabletas monoposto
para o alumnado. A creación de contidos individualizados,
“de maneira rápida e
sinxela”, axuda ao profesor a
estimular aos alumnos para mellorar o seu traballo cotián,
sinala FOGA. Asemade, engade a empresa compostelá, “a posibilidade de acceder e compartir información de fontes
diversas a través de Internet fomenta o
pensamento crítico
dos estudantes, as súas habilidades para investigar e buscar
información e facilita
as estratexias de traballo colaborativo na
aula e na casa”.
Por último, informar que
durante o mes de decembro FOGA
organizará en Galicia as xornadas
e∙DUCACIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario