Manuel Baltar e Salustiano Mato tamén acordaron que as dúas institucións colaborarán no desenvolvemento dun proxecto de investigación para analizar xurídicamente a explotación e aproveitamento das augas termais. Este proxecto deriva dun encargo realizado pola Deputación de Ourense a través do Consello Termal Ourensán, e que ten por obxecto analizar os procedementos xurídicos necesarios e os posibles problemas que se poidan plantexar na explotación e aproveitamento das augas termais para poder achegar solucións útiles e prácticas para as administracións públicas implicadas e para as empresas privadas que operan neste puxante sector económico, especialmente na provincia líder en termalismo e de longa tradición balnearia como é Ourense. Este proxecto articúlase como unha prestación de servizos no marco do Campus da Auga e resultará nun informe que a Universidade de Vigo lle entregará á Deputación de Ourense.
Manuel Baltar considera que a colaboración da Deputación de Ourense coa Universidade de Vigo “é e ten que seguir sendo unha liña estratéxica de cooperación institucional pola importancia formativa, académica e científica que supón ter na nosa provincia un Campus no que, ademais das importantes iniciativas investigadoras que se desenvolven, ten a singularidade de potenciar estudos que afondan en singularidades da provincia de Ourense, como é o caso, por exemplo, do Campus da Auga”.
O presidente e o reitor tamén pasaron revista á colaboración da
Deputación de Ourense na promoción do Campus de Ourense, que por número
de alumnos e profesorado, investigadores e persoal de administración e
servizos ocupa o cuarto lugar entre os sete campus do Sistema
Universitario Galego, despois de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña
e que conta con 4.600 estudantes, dos cales un 45 % procede doutras
provincias.
Neste sentido, o presidente da Deputación e o reitor valoraron a posibilidade de ofrecer aos estudantes bolsas de estudos nos graos e posgraos impartidos no Campus de Ourense. En relación cos prosgraos a Deputación xa o está a facer a través das bolsas “Ourense exterior”, e proponse mantelas e, na medida do posible, incrementalas, creando bolsas de estudo ligadas aos mellores expedientes para estudos dos Graos no Campus de Ourense. Outras posibilidades serían bolsas ou axudas no transporte urbano, ou no transporte en tren ou autobús dende outros puntos da xeografía galega ou do Estado ata Ourense, e axudas vinculadas á práctica deportiva, especialmente deportes acuáticos e ao uso de instalación balnearias.
No ámbito das tecnoloxías da información, Baltar e Mato estudaron a creación dunha web específica onde se promocione conxuntamente Provincia e Campus de Ourense, e nas que se inclúa información das axudas antes citadas e dos proxectos e iniciativas que en cooperación levan a cabo Deputación e Universidade.
Asemade, valoraron positivamente o desenvolvemento e resultado do “I Congreso Internacional da Auga”, celebrado en Ourense, e Salustiano Mato agradeceulle a Manuel Baltar o feito de que a Deputación fose co-organizador do evento, polo compromiso institucional amosado dende o primeiro momento por parte do presidente do goberno provincial. Finamente, acordaron propoñer unha colaboración estable entre Deputación, Concello de Ourense e Expourense para a celebración bianual do “Symposium Internacional de Termalismo e Calidade de Vida” para que teña lugar en Ourense, cita académica e científica que celebrou este ano a súa primeira edición en paralelo ao Congreso da Auga.

Ningún comentario:
Publicar un comentario