Delegados e delegadas da CIG concentráronse este xoves 19 de novembro diante do organismo para denunciar a precariedade e discriminación que padecen.
Delegados e delegadas da CIG
concentráronse esta mañá diante do Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar coincidindo coa entrega de 1.066 sinaturas do
persoal en demanda de melloras nas súas condicións laborais e en
denuncia da precariedade e discriminación que padecen respecto dos
traballadores e traballadoras da mesma categoría que traballan na Xunta
de Galiza.
Con esta mobilización e a entrega de sinaturas exíxese a
inmediata apertura de negociacións para facer efectivas as
reivindicacións do seu persoal. As traballadoras e traballadores do
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar –ao redor dos
1.500- sofren unha precariedade extrema e unha discriminación en
relación ao persoal de mesma categoría e profesión no resto da
Administración galega. Para a CIG é imprescindíbel a súa homologación
total co resto das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza e a
aplicación das medidas recollidas na táboa reivindicativa.
Táboa reivindicativa:
Reunión co xerente do Consorcio
Unha vez entregadas a sinaturas a CIG conseguiu que o novo xerente, Perfecto Rodríguez Muíños, recibira a unha representación das traballadoras/es. Nesta xunta a CIG trasladoulle as reivindicacións do persoal facendo fincapé que no prazo dun mes debiamos ter resoltas a aplicación das melloras laborais recollidas na Lei do Emprego e apertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións. O xerente comprometeuse a analizalo e a reunirse ca CIG antes do 15 de decembro. A CIG trasladoulle que de non ter solución nun prazo razonábel convocaría novas mobilizacións chegando, se fai falta, a unha folga de todo o persoal do Consorcio xa que o servizos prestados polo organismo mantéñense a conta das renuncias laborais levadas a cabo por seu persoal.
Táboa reivindicativa:
- Mantemento de todos os postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na integración na Axencia Galega de Servizos Sociais.
- Continuidade dos equipos de Inclusión Social.
- Aplicación das melloras laborais recollidas na Lei do Emprego, nomeadamente o sábado como día inhábil, a ampliación do permiso por parto ou adopción, a licenza por risco durante o embarazo ou a lactación, a licenza por asuntos propios, etc.
- Aplicación inmediata do V Convenio Laboral incluídas as retribucións.
- Aplicación da xornada laboral da Xunta de Galiza.
- Garantía de que se respecten as funcións das diferentes categorías profesionais.
- Control, transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda.
- Cobertura de maneira inmediata todas as baixas, permisos…
- Apertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións.
- Adscrición extraordinaria de destinos provisionais entre todas as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, incluíndo as prazas de nova creación.
- Recuperación das pagas extraordinarias completas e devolución das cantidades debidas. Derrogación de todos os recortes.
- Normalización co pago inmediato das nóminas a persoas que teñen calquera tipo de modificación (IT, reducións, substitucións…) nas mesmas.
- Cobertura real dos postos de traballo dos centros Quérote.
- Incremento de persoal nos servizos centrais.
- Negociación da integración na axencia.
Reunión co xerente do Consorcio
Unha vez entregadas a sinaturas a CIG conseguiu que o novo xerente, Perfecto Rodríguez Muíños, recibira a unha representación das traballadoras/es. Nesta xunta a CIG trasladoulle as reivindicacións do persoal facendo fincapé que no prazo dun mes debiamos ter resoltas a aplicación das melloras laborais recollidas na Lei do Emprego e apertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións. O xerente comprometeuse a analizalo e a reunirse ca CIG antes do 15 de decembro. A CIG trasladoulle que de non ter solución nun prazo razonábel convocaría novas mobilizacións chegando, se fai falta, a unha folga de todo o persoal do Consorcio xa que o servizos prestados polo organismo mantéñense a conta das renuncias laborais levadas a cabo por seu persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario