Con mellores ou peores mañas para a cociña, coma calquera de nós, o certo é que a inmensa maioría das mulleres e homes que se ocupaban dos comedores escolares, tiñan unha delicadeza espectacular co trato que daban a quen usaba os seus servizos. Pode que algún día as lentellas non saíran o saborosas que quixeran, como acontece na casa, mais con certeza que non tiñan ese aspecto artificial, moi aséptico sen dúbida, deses caterín insípidos, por moi sanitariamente certificados que estean. E polo que semella, algún que outro non estaba.
Pode que algún día as lentellas non saíran o saborosas que quixeran, como acontece na casa, mais con certeza que non tiñan ese aspecto artificial, moi aséptico sen dúbida, deses caterín insípidosTanto aforro supón estas contratas? Nese aforro, está contabilizado o impacto que nos produtores locais supón o novo sistema? Certo que nada garante que os produtos sexan locais, mais pode ser unha das condicións da concesión.
Supoño que o trámite administrativo é máis cómodo adxudicando nun só procedemento todos os comedores escolares da Galiza. Mais, non será mellor descentralizar certos aspectos? Por certo, tremendo o que se organiza coas renuncias.
Os experimentos, mellor con gaseosa. Ouvido o ouvido. Visto o visto. Cheirado o cheirado. Comido o comido. Case mellor, recuar. Nisto, como noutras moitas cousas, un pasiño para atrás, unha vitoria. O noso padal, o noso estómago e a nosa saúde o agradecerán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario