A décima edición de Galiciencia baterá marcas de asistencia, coa visita de máis de 2000 grupos escolaresNesta edición refórzase a organización de actividades paralelas e consolídase a experiencia piloto testada o ano pasado para dar entrada a proxectos de Primaria. A carpa na que os equipos participantes mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación lle dará cabida a 52 proxectos de Secundaria e 22 de Primaria, estes últimos fóra de competición. Os grupos participantes competirán por situarse entre os tres finalistas e o que consiga a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, a Exporecerca 2016.
74 experimentos
Presentaranse 74 proxectos, 52 de centros de Secundaria e 22 de Primaria, fóra de competiciónEn Galiciencia os e as estudantes de Secundaria presentarán investigacións sobre moi distintas materias, dende un "Sistema de alerta temperá de inundacións", o "Deseño dunha aplicación de compravenda de produtos agrícolas sen intermediarios", unha "Camiseta Deportiva con LEDs Preventiva para Problemas de Corazón" ou un sistema de "Illamento e insonorización con paneis elaborados con cascas de cacahuete". Tamén ´se poderán ver experimentos sobre "Pastas de dentes con algas", a posibilidade de "Aproveitar as belotas do Quercus R. para fabricar aglomerados e outras cousas" ou o "éxito na polinización de 3 especies de orquídeas no Courel". Na feira haberá espazo igualmente para "Unha carrilana de tecnoloxía punta", "un bastón robotizado para invidentes" ou un "espantallo móbil para viñas".
Entre os experimentados presentados por alumnos e alumnas de Primaria, atopamos traballos sobre "O remedio para as picaduras de ortigas", "Diversidade das macroalgas de Galicia", neve química" e investigacións sobre se "Afectan as microondas na xerminación das sementes?".
Actividades paralelas
Obradoiros, exposicións e un concurso de fotografía científica completarán tres días de actividadesAdemais, este ano Galiciencia presenta unha ampla oferta de actividades paralelas, que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz, a través de catro obradoiros orientados a diferentes idades. Neles, os participantes descubrirán os fundamentos e as propiedades da luz, das cores e do láser a través de espectaculares experimentos. Esta será tamén a temática da exposición instalada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da charla que poderá seguirse online desde calquera centro educativo de Galicia grazas á súa retransmisión en streaming. Así mesmo, os e as máis pequenas terán a ocasión de mergullarse no mundo da robótica a través doutro obradoiro e todos os que visiten a Galiciencia poderán percorrer os dez anos do evento a través dunha exposición de fotografía na que se recollen os mellores momentos.
De novo, Galiciencia contará cun equipo de reporteiros audiovisuais formado por participantes na feira que gravarán todo o que ocorra na exposición de proxectos e nos talleres e espectáculos para editar o vídeo oficial do evento coas mellores imaxes. Ademais, o certame volverá montar a súa propia redacción de xornalistas, formada por estudantes previamente adestrados como reporteiros e reporteiras para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será distribuída entre os asistentes á entrega de premios o último día. Durante a clausura, ademais da entrega de premios aos mellores proxectos e ao equipo gañador do concurso de fotografía científica convocado no marco do certame, todos os e as participantes soprarán as candeas dunha gran torta para festexar o décimo aniversario da Galiciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario