A "consolidación da senda de crecemento económico",
filosofía coa que a Xunta resume os seus Orzamentos Xerais para 2016, os
derradeiros da lexislatura, non pasa nin de lonxe pola lingua galega. O
proxecto de contas públicas para o vindeiro ano, que estes días se
debate no Parlamento, asenta os fondos dedicados ao fomento do galego no fondo do pozo dos recortes e déixaos fóra dos incrementos que si son aplicados a outras áreas do orzamento.
Alén das declaracións de intencións a respecto da normalización lingüística, que nos últimos meses foron, dende a banda do PP, notablemente diferentes ás dos anos nas que teimaba na existencia dunha suposta "imposición", os compromisos económicos neste ámbito son agora máis dun 60% inferiores que cando Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta. Así, en 2016 o programa de fomento da lingua galega disporá de 6,76 millóns de euros, un incremento de apenas 16.000 euros a respecto do ano 2015 que deriva da leve suba no gasto de persoal -do 1%- que afecta ao conxunto da Administración.
Pero, onde se concentrou o recorte? Unha ollada polo miúdo aos orzamentos permite coñecer que, ao contrario do afirmado habitualmente para o conxunto das contas públicas, o máis recortado non foi o gasto improdutivo ou o gasto corrente. Se ben este tipo de partidas tamén experimentaron reducións -o gasto corrente caeu dende 2008 máis dun 40%-, as que máis caeron foron as transferencias a outras entidades e, sobre todo, os investimentos, que se reduciron máis dun 80% ata quedar en apenas 2 millóns de euros.
A iniciativa do partido de Albert Rivera foi especialmente aplaudida dende a asociación denominada Galicia Bilingüe, colectivo que, malia súa escasísima implantación, foi empregado polo PP dende a oposición ao bipartito como ariete contra a política lingüística da Xunta. Este grupo, precisamente, foi o empregado por un edil do PSOE en Cee, Modesto Rivas, para cargar contra a ordenanza de fomento do galego que prevé aprobar o pleno de Cee, segundo recolle este xoves La Voz de Galicia. O goberno local ve "absurda" a polémica.
Alén das declaracións de intencións a respecto da normalización lingüística, que nos últimos meses foron, dende a banda do PP, notablemente diferentes ás dos anos nas que teimaba na existencia dunha suposta "imposición", os compromisos económicos neste ámbito son agora máis dun 60% inferiores que cando Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta. Así, en 2016 o programa de fomento da lingua galega disporá de 6,76 millóns de euros, un incremento de apenas 16.000 euros a respecto do ano 2015 que deriva da leve suba no gasto de persoal -do 1%- que afecta ao conxunto da Administración.
O programa de fomento da lingua galega retrocedeu un 60% dende o retorno do PP á XuntaDeste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística manexa agora 15 millóns de euros menos que no ano 2008, cando coa coalición de PSdeG e BNG o fomento da lingua galega tocou teito en canto a dotación orzamentaria, con algo máis de 23 millóns de euros. Daquela a Xunta afondou nunha tendencia á alza xa iniciada en tempos de Fraga, que no seu derradeiro orzamento lle dedicou á promoción do idioma algo máis de 19 millóns. Cando Feijóo, vicepresidente daquel Executivo, retornou a San Caetano como presidente, atopou 21,5 millóns nesta partida, que apenas dous anos despois xa eran menos da metade.
Pero, onde se concentrou o recorte? Unha ollada polo miúdo aos orzamentos permite coñecer que, ao contrario do afirmado habitualmente para o conxunto das contas públicas, o máis recortado non foi o gasto improdutivo ou o gasto corrente. Se ben este tipo de partidas tamén experimentaron reducións -o gasto corrente caeu dende 2008 máis dun 40%-, as que máis caeron foron as transferencias a outras entidades e, sobre todo, os investimentos, que se reduciron máis dun 80% ata quedar en apenas 2 millóns de euros.
A partidas de fomento do galego máis recortadas foron as que financian, por exemplo, as campañas de normalización lingüísticaNeste apartado de investimentos inclúense, por exemplo, as campañas de normalización lingüística, o fomento do galego nos medios de comunicación ou o fomento e formación en lingua galega no ensino non universitario. Do mesmo xeito, tamén retrocederon substancialmente -máis dun 70%- as transferencias de capital, os fondos que Política Lingüística achega a outras entidades e institucións para investiren neste ámbito, caso por exemplo dos lectorados de galego en universidades do exterior.
Rexurdimento da bandeira da "imposición"
Mentres estas cifras se asentan na política orzamentaria da Xunta e mentres, paralelamente, o Instituto Galego de Estatística certifica o retroceso xeral no uso do galego -moi especialmente entre a mocidade-, nas últimas semanas o país vive o rexurdimento, cando menos polo momento moi localizado, de polémicas inchadas na contorna das eleccións galegas de 2009 sobre a devandita e presunta "imposición" da lingua. Así, por exemplo, a pasada semana o pleno do Concello de Ferrol tiña que debater, a instancias da única edil de Ciudadanos, unha moción para derrogar a ordenanza que regula o uso do galego como lingua oficial do consistorio, iniciativa que foi rexeitada.A iniciativa do partido de Albert Rivera foi especialmente aplaudida dende a asociación denominada Galicia Bilingüe, colectivo que, malia súa escasísima implantación, foi empregado polo PP dende a oposición ao bipartito como ariete contra a política lingüística da Xunta. Este grupo, precisamente, foi o empregado por un edil do PSOE en Cee, Modesto Rivas, para cargar contra a ordenanza de fomento do galego que prevé aprobar o pleno de Cee, segundo recolle este xoves La Voz de Galicia. O goberno local ve "absurda" a polémica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario