xoves, 19 de novembro de 2015

A Mesa lanza o primeiro libro dun proxecto didáctico destinado a educación infantil

O vindeiro venres, 20 de novembro, A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o primeiro lanzamento dun novo proxecto didáctico destinado á educación infantil. Trátase do libro infantil ilustrado O abecedario. 

O novo libro conta co apoio do Concello de Santiago e poderá xa ser mercado no Culturgal. A presentación será nun acto na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela ás 18:30 h.
 
O volume recolle as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán. O obxectivo é que os pequenos aprendan a recoñecer as letras e enriquecer o seu  vocabulario.
 
"Este libro é para aprender o abecedario mais tamén para admirar as ilustración, para ver, imaxinar ou inventar", explica a Mesa. Co volume os nenos aprenderán a asociar letras e imaxes, a distinguir a grafía de cada letra e ampliarán o seu vocabulario.
 
A Mesa explica que na presentación os nenos e nenas colorearán e debuxarán abecedarios e que tamén haberá "unha sorpresa" para eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario