Os centros de ensino inician accións para coordinar actuacións conxuntas con Concello e as forzas de seguridade na zona.
Pais de alumnos expresaban onte a súa preocupación
polo suposto aumento da venda de droga nos arredores dos institutos en
Lalín. Unha situación que non é nova, pero que segue preocupando tanto a
educadores como pais. Nos centros apuntan que levan a cabo unha
vixilancia hai moito tempo. Nalgún instituto comentaban onte que non
notaron un aumento senón que seguen detectando de cando en vez a
presenza dalgún coche ou dalgún merodeador.
O obxectivo que, conséguese, sinalan, é evitar que
entren nos centros. O problema é o que ocorre fóra. Desde os centros
avógase por levar a cabo acciones conxuntas e coordinadas tanto co
Concello como coa Garda Civil.
Algún veciño trasladou onte esa alerta en relación
polo miúdo de drogas nos institutos lalinense ao Concello. Por parte dos
concelleiros instouse tamén á Policía Local a incrementar a vixilancia.
Pola
súa banda, a Garda Civil de Lalín continúa realizando vixilancia na
contorna dos centros escolares, especialmente nos institutos. Unhas
operacións que non sempre son fáciles.
O capitán da Garda Civil sinalaba onte que en
ocasións se produce a chamada dalgún profesor, director ou algún veciño
que chama ao cuartel ao detectar a presenza dalgunha persoa ou coche que
lle parece sospeitoso e apunta que se acode no momento». Sinala que
este tipo de achegamentos de vendedores ao alumnado prodúcese sobre todo
nos recreos e á saída de clases, que son as horas tamén nas que máis
leva a cabo este tipo de labores de vixilancia con axentes de paisano.,
en moitos casos.
Por parte da asociación de pais do instituto Laxeiro,
onte non se tiña constancia da queixa de ningún pai a este respecto. O
seu presidente, Miguel Ángel Muñoz, apuntaba que sería un tema que
exporían na próxima xunta de convivencia que se celebrará en breve para
expor este tema.. Muñoz considera que tanto estas cuestións como outros
temas que aparecen de forma recorrente e que afectan a todos deberían
ser tratados de forma coordinada con Concello, pais, profesores... en
foros como podería ser o Consello Escolar Municipal para ser tratados en
común por todos.
O capitán da Garda Civil, Antonio Álvarez Lorenzo,
sinalou onte que a semana que vén iniciará unha rolda de visitas aos
centros escolares de Lalín dentro do plan director para a convivencia
escolar. Recorda que desde a Garda Civil estamos a dar clases nos
colexios sobre os perigos de Internet, drogas e acoso e ponse a
disposición dos centros que queiran ser escenario dunha destas charlas.
O capitán da Garda Civil iniciará unha rolda de visitas aos colexios e institutos
O obxectivo das visitas aos centros é precisamente
pórse a disposición dos directores para este tipo de actividades e tamén
para falar cos responsables dos centros destas problemáticas, sobre
todo, de drogas e de posibles casos de bullying ou de acoso.
Temas dos que, apunta, ás veces os centros de ensino son remisos a tratar coas forzas de seguridade.
Aprehensións de marihuana
Cada ano a Garda Civil de Lalín realiza aprehensións
de droga tanto de consumo propio como de venda de menudeo nos arredores
das zonas escolares, sobre todo en parques próximos aos institutos, que
se converten en frecuente sitio de reunión dos rapaces. O ano pasado
producíronse numerosas aprehensións especialmente nos meses de setembro e
outubro de marihuana, pero este ano non hai constancia de tantas.
Desde os centros fanse eco das dificultades en
ocasións para detectar este tipo de actuacións e recordan que as súas
actuacións se limitan só aos centros e este tipo de vendedores actúan en
zonas como parques próximos ou outro tipo de lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario