Presentará mocións para impulsar o acceso deste colectivo ao traballo.
Mateo Varela, membro de Galiza Nova, e Alberte
Lamazares, concelleiro do BNG de Rodeiro e número 2 de Nós por
Pontevedra ao Congreso, presentaron onte en Silleda unha moción que será
enviada a todos os concellos da zona. Instan ás corporacións locais a
elaborar un plan de emprego digno destinado á mocidade. O obxectivo é,
din, posibilitar o retorno dos mozos emigrados.
Piden que se impulse unha rede municipal e comercial
de emprego para os mozos, que se potencien as industrias vinculadas á
lingua e a cultura galega, que se creen bolsas para titulados superiores
destinadas á execución de proxectos de especialización, exportación e
innovación.
Demandan
apoio aos mozos emprendedores a través dun acompañamento, a creación
dun servizo de seguimento dos mozos desempregados e axudas para o
desenvolvemento de proxectos ou para a creación ou mantemento de
explotacións agrogandeiras e de agricultura ecolóxica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario