Nas últimas semanas a proposta do Partido Socialista de
suprimir a materia de relixión do currículo escolar dos centros
educativos públicos reabriu un debate de considerable interese tanto no
eido educativo como na sociedade en xeral. Seguindo o principio
de acción-reacción os sectores máis conservadores da nosa sociedade non
tardaron en mostrar o seu nerviosismo a través de numerosas
declaracións. Así, organismos como a Concapa amosaron xa a súa oposición
a esta medida alegando que a proposta do grupo presidido por Pedro
Sánchez “atenta contra dereitos constitucionais dos pais”. Por outra
banda Rafael Hernando, portavoz do PP no congreso, defende o sistema
actual alegando que “a relixión católica forma parte da nosa cultura e a
nosa historia e creo que non hai que avergonzarse disto”. O argumento
do señor Hernando non deixa de ser un discurso trivial, unha reflexión
pobre para unha cuestión que require fiar moito máis fino.
Obviamente ninguén ten por que avergonzarse dos vínculos que as relixións (non só a católica) gardan co desenvolvemento da cultura europea. España non sería o que é de non ser polo legado dos oito séculos de Al-Andalus ou pola importante presenza que o cristianismo tivo e aínda conserva na nosa cultura. Dende o Apóstolo Santiago, figura esencial na expansión do cristianismo a través da Hispania romana e do nacemento de Compostela, ata o carismático Juan Pablo II pasando polo tribunal do Santo Oficio; as luces e sombras do cristianismo deixaron unha profunda pegada na nosa sociedade que é interesante coñecer para comprender mellor as orixes e evolución da nosa cultura. Por este motivo os centros educativos deben ter presente o estudo do feito relixioso integrándoo dentro do currículo ordinario. Pero unha cousa é o estudo das relixións dende un punto de vista cultural que permita apreciar a súa significación histórica e outra ben diferente é o adoutrinamento relixioso, as prácticas educativas encamiñadas a inculcar un determinado tipo de valores ou formas de pensar nas persoas ás que van dirixidas. Este tipo de prácticas, sendo totalmente respectables, non teñen cabida na escola pública polo simple feito de instruír á persoa no coñecemento dunha doutrina coa que non todos temos por que comungar. A escola privada pode acoller ese tipo de prácticas pero a ensinanza pública é, ou debería ser, outra cousa.
Aínda que a administración educativa se empeñe en maltratala con recortes, políticas antipedagóxicas e outras lindezas, a escola pública é a escola de todos e como tal ten a obriga de ofrecer respostas educativas que resulten de utilidade para todo o alumnado, non só para unha porcentaxe deste. Non ten sentido que durante o horario lectivo se traballen aspectos tan persoais como as crenzas relixiosas, as cales precisamente polo feito de ser crenzas teñen un marcado carácter privado e polo tanto terían un mellor encaixe na educación non formal (tal e como acontece en países como a República Francesa ou os Estados Unidos, países laicos referentes no que a separación Igrexa-Estado se refire).
Para ter unha visión máis ampla desta cuestión é importante contextualizar o debate dentro do sistema educativo actual de xeito que poidamos comprender mellor o terreo no que estamos a pisar. Autores de prestixio como Eduard Punset veñen sinalando dende fai tempo unha desas realidades incómodas que os nosos dirixentes políticos se esforzan en ocultar: contamos cun sistema educativo anacrónico que precisa dunha verdadeira revolución. É certo que a presenza da relixión nas aulas non é a única culpable desta circunstancia pero sen dúbida contribúe a acentuala polo feito de afastarnos dos principios que deben caracterizar á educación pública de calidade. Un deses principios é a consideración da relixión como un área de interese dende un punto de vista histórico-cultural pero nunca dende o enfoque do adoutrinamento relixioso. Por esta razón quizais sexa un bo momento para suprimir do horario lectivo unha materia que ten mellor cabida no ámbito extraescolar e introducir no seu lugar materias como a intelixencia emocional, as cales axudarán verdadeiramente ás novas xeracións a desenvolverse de forma moito máis eficaz na complexa sociedade actual.

Ningún comentario:
Publicar un comentario