Xa se celebraron
unhas 700 asembleas e está previsto que se desenvolvan 1.400 abranguendo
así todos os centros de ensino de Galiza.
A CIG-Ensino está a desenvolver unha
campaña de recollida de sinaturas baixo o lema “O traballo docente é
importante”, para a que editou 1.500 cartaces e 20.000 boletíns de
CIG-Informa que serán distribuídos nas 1.400 asembleas previstas en
todos os centros públicos de Galiza. Unha campaña coa que, segundo
explicou o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, se pretende
desmontar a “campaña de desprestixio” emprendida pola propia consellaría
de Educación, que tivo que padecer o profesorado nestes últimos anos e
recoller apoios en defensa do ensino público e fronte aos recortes do
punto de vista laboral, profesional e educativo.
Na rolda de prensa, na que compareceu acompañado de Ana Rodiño,
membro da executiva da CIG-Ensino, Louzao retratou as precarias
condicións nas que se desenvolve o traballo docente e a crítica
situación do ensino público, con aulas masificadas con alumnado diverso;
con alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e sen que
se atenda o problema derivado da falta de profesorado especialista en
todos os centros.
Denunciou a redución de salarios e pagas extras, que aínda se mantén; a ampliación do horario lectivo, o incremento de funcións que non teñen nada que ver coa impartición das aulas, como custodiar o alumnado na espera do transporte escolar, do comedor escolar ou de xestións relacionadas cos libros de texto.
Unha sobrecarga que veu acompañada dunha redución do salario en caso de baixa laboral, a non cobertura das baixas por IT de menos de 10 días lectivos e o incremento da impartición de materias nas que non son especialistas ou as itinerancias. Xunto a isto denunciou tamén a liquidación da xubilación anticipada, que estaba recollida na LOE, das licencias por estudo, e mesmo a redución para outro tipo de licencias que non superan os tres meses, alén de recortes nos permisos.
Falta de profesorado, interinidade e polivalencia
Lembrou que coa imposición dunhas taxas de reposición do 10% e do 50% se provocou unha destrución de emprego permanente, coa supresión de máis de 3.000 postos de traballo e a xubilación de máis de 4.000 profesores/as e que máis do 20% dos cadros de persoal nos centros é, neste intre, provisional, cun profesorado interino que padece un grave problema de inestabilidade laboral.
Para o secretario nacional de CIG-Ensino, a Consellaría procura un profesorado polivalente sen asumir, na práctica, “nin a complexidade do noso traballo na aula, nin a transcendencia do traballo docente como piar do sistema educativo”.
Unha situación que, ao seu entender, queda evidenciada coa aprobación, aplicación e posta en marcha da LOMCE, que considerou “paradigma de todo isto”. De feito, considerou que todo o que rodea a LOMCE é un “desprezo ao profesorado”, por negarse a posibilidade de todo tipo de debate e de opinión. “Aplicouse de costas ao profesorado e aí están os currículos ou a propia carga horaria das materias, que non foi coñecida até iniciado o curso”.
Unha situación que está a provocar conflitos nos centros porque “as programacións non van ter aplicación práctica nas aulas e van provocar unicamente un incremento do traballo burocrático.
Con todo, o máis grave da LOMCE é, segundo Louzao, a desconsideración polo traballo docente, na medida en que co modelo de reválidas que impón “imos ser profesores/as preparadores de clase particulares e non educadores/as con todas as consecuencias”, e a restrición de dereitos e desaparición da xestión democrática dos centros, reforzándose o poder das direccións, que son as que toman as decisións.
Os orzamentos destinan 5€ para formación de cada profesor ou profesora en 2016
Para a CIG-Ensino, o desinterese pola formación do profesorado é tamén unha mostra do desinterese da Consellaría pola calidade do ensino público. “Non só hai unha formación limitada, do noso punto de vista, senón que a formación permanente, para a administración, fundaméntase exclusivamente nas tecnoloxías de información e comunicación e nos idiomas estranxeiros, abandonando todo o que ten que ver coa nosa formación pedagóxica e didáctica”, explicou Louzao.
Como mostra disto sinalou a liquidación das licenzas por estudos ou que nos orzamentos de 2016 se destinen só 5€ por profesor/a ao ano á formación, cando se trata dunha actividade na que se precisa “actualización científico técnica permanente mais tamén pedagóxica e didáctica”.
Propostas da CIG-Ensino
As propostas da CIG-Ensino están sendo avaladas maioritariamente polo profesorado e pasan por melloras laborais que incidan na calidade de ensino, partindo da negociación do Estatuto Galego do Profesorado; a redución das ratios, considerando ademais as ratios do alumnado de educación especial; dotación de persoal administrativo en todos os centros, prohibición de impartir materias afíns das clases nas que non son especialistas; persoal específico para custodiar o alumnado transportado e tamén para comedores escolares e conseguir que os servizos complementarios sexan de xestión directa.
A estas demandas, Louzao engadiu formación continua nucleada polos propios centros, co deseño dun programa de formación que abranga a todo o profesorado para formalo mellor nos ámbitos necesarios, tanto no que ten que ver con cuestións organizativas, como curriculares, educativas e relacionadas coa conflitividade nos centros; impulso de programas para a normalización do noso idioma, o que leva consigo a capacitación para cada unha das materias do currículo escolar e xestión democrática dos centros.
Outro dos bloques de propostas é a recuperación dos salarios, a negociación dun acordo retributivo galego, o pago do 100% por IT e que o profesorado interino e substituto perciba retribucións cando traballa máis de cinco meses e medio.
Para Louzao tamén é fundamental a creación de emprego. Para iso a CIG-Ensino propón que se promova a xubilación anticipada mediante gratificación e ofertas de emprego amplas que permitan dotar os centros do profesorado necesario. Isto xunto coa supresión das taxas de reposición e a recuperación da xornada de 18 períodos lectivos en secundaria e 21 en primaria.
Campaña de recollida de sinaturas en contra das programacións LOMCE

Ningún comentario:
Publicar un comentario