O Goberno promete 2.000 empregos máis para 2016. A oposición bótalle en cara os recurtes e CC.OO e UGT cualifican as contas de electoralistas.
O Parlamento de Galicia acolleu o debate final da aprobación dos orzamentos da Xunta para 2016. O goberno promete que ofertará en 2016 máis de 2.000 prazas de emprego público, e porá en marcha por primeira vez na historia da Autonomía listas de contratación específicas para persoas con discapacidade intelectual, segundo explicou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.
Anuncios do Goberno
O conselleiro de Facenda asegurou que Galicia vai cumprir a previsión
de crecemento para este exercicio, polo que será o mellor ano dende
2007. “Son uns orzamentos prudentes e realistas, para que poidan ser
executados e cumpridos”, sinalou o titular de Facenda.
No debate de totalidade dos Orzamentos para 2016, Valeriano Martínez
explicou que estas son as contas “da recuperación, do crecemento e da
xente”. A Xunta di que destinará 282 millóns máis a reforzar o gasto
social, o que supón o 80% dos recursos adicionais.
Para o Execuvito conservador, os Orzamentos manteñen como prioridade a
creación de emprego e por iso elevan un 15% os recursos a políticas
activas. No eido impositivo, Facenda indica que a rebaixa do IRPF
afectará ao 98,5% dos contribuíntes, cun aforro de ata 380 euros para os
declarantes máis afortunados, e que o 99% das herdanzas a descendentes
ou ascendentes deixarán de tributar
Martínez sacou peito ao indicar que organismos como AIREF, BBVA,
Funcas, Standard&Poor’s ou Fedea están a avalar a política económica
da Xunta.
O PSOE denuncia un optimismo irreflexivo
Todos os grupos da oposición cargaron hoxe contra os orzamentos da
Xunta de Galicia para 2016, ao considerar que non son cribles, ademais
de ter unha orientación "claramente electoralista", polo que no seu
conxunto reclamaron a emenda á totalidade do articulado.
Dende as bancadas do principal partido opositor, o portavoz do Grupo
Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o “optimismo
irreflexivo” amosado pola Xunta, que presenta uns orzamentos destinados
unicamente a “abrir a campaña electoral”. Os socialistas reclamaron a
devolución das contas para o ano 2016 porque carecen de “ningunha
directriz nova ou iniciativa para saírmos do estancamento”.
O portavoz do Grupo Socialista comparou os orzamentos para o próximo
ano cos últimos elaborados polo goberno presidido por Emilio Pérez
Touriño para sinalar que Feijóo baixou as políticas sociais nun 15 por
cento, a sanidade nun 7 por cento, a educación un 11 por cento e as
políticas de emprego nun 50 por cento “mentres medra o desemprego,
evidenciando que a vostede lle trae literalmente sen coidado”.
Na mesma liña, segundo datos comparados polos socialistas, as partidas
destinadas ao medio rural baixaron un 25 por cento, á pesca un 53 por
cento, o apoio ás empresas nun 47 por cento, o comercio un 63, o turismo
un 44 por cento e o I+D un 9 por cento.
As partidas para cultura reducíronse un 56 por cento, a vivenda un 76
por cento, facendo desaparecer pro completo as partidas para vivenda
social, o medio ambiente un 60 por cento, as infraestruturas un 54 por
cento e o gasto en investimentos un 47 por cento. Sinalou que “malia
esta situación, nesta etapa incrementaron os gastos de funcionamento da
administración nun 6 por cento, o que demostra a falsidade da súa
austeridade”.
Méndez Romeu sinalou ademais que os compromisos asinados polo goberno
galego convértense en “papel mollado” no momento en que reducen a
licitación de obra pública nun 93 por cento e “o 40 por cento dos seus
investimentos non pasan do papel” e quedan un ano tras outro sen ser
executados.
Para o portavoz do grupo parlamentario de Alternativa Galega de
Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, o proxecto de orzamentos defendido
pola Xunta supón un "esperpento absoluto", posto que é unha "tomadura de
pelo e un pitorreo aos cidadáns". A este respecto, cuestionou a
intervención do conselleiro de Facenda, ao que tachou de "farsante" por
defender unhas contas realizadas para que "quen veña despois" no goberno
galego "arree".
O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, incidiu
en que "o primeiro" que deben ser unhas contas públicas é "cribles", ao
contrario do que ao seu xuízo sucede cos orzamentos da Xunta para 2016,
que "é imposible crelos", xa que están baseados en "previsións ficticias
desmentidas sistematicamente pola realidade".
Tamén a deputada do Grupo Mixto no Parlamento Consolo Martínez criticaron hoxe que a estratexia orzamentaria da Xunta estea marcada polo ano electoral, a pesar de que tampouco son "os que Galicia necesita" Para Martinez estes orzamentos recollen “novos recortes e máis corrupción e a podremia que nos vén enriba cos gobernos ao servizo das grandes empresas do IBEX 35”. "Falan do emprego como se tivéramos avanzado algo. Se non aumentou máis o desemprego é porque a xente se deu de baixa e porque emigrou masivamente buscando oportunidades de traballo noutros países”, dixo.
Tamén a deputada do Grupo Mixto no Parlamento Consolo Martínez criticaron hoxe que a estratexia orzamentaria da Xunta estea marcada polo ano electoral, a pesar de que tampouco son "os que Galicia necesita" Para Martinez estes orzamentos recollen “novos recortes e máis corrupción e a podremia que nos vén enriba cos gobernos ao servizo das grandes empresas do IBEX 35”. "Falan do emprego como se tivéramos avanzado algo. Se non aumentou máis o desemprego é porque a xente se deu de baixa e porque emigrou masivamente buscando oportunidades de traballo noutros países”, dixo.
Os sindicatos ven un orzamento electoralista sen políticas de emprego
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a UGT Galicia consideran que
estes orzamentos non acadará este obxectivo de déficit porque é
electoralista, non apostav pola creación de emprego nin mellorav a
protección social necesaria neste momento.
Na súa opinión, é un orzamento inxusto porque os ingresos
fiscais proveñen da imposición indirecta (31,5 % dos
ingresos), que grava por igual as persoas independentemente da
súa renda e que aposta por unha rebaixa da imposición directa en
vez de facer unha verdadeira reforma fiscal máis progresiva
e xusta.
As centrais desaproban as rebaixas fiscais deste proxecto
de orzamentos, que supoñen unha perda de recadación
estimada en máis de 140 millóns de euros, cos que se
achegaríanvaliosos recursos para o emprego, a protección social, a
educación e a sanidade.
A pesar de haber máis persoas desempregadas que en 2009, o
orzamento é inferior nun 50 % ao daquel ano, no referido a políticas
activas de emprego. Dito doutro xeito: o anunciado incremento do 8,7 %
na promoción de emprego non evita que estes recursos
supoñan un inalterable 2 % do total orzamento desde o ano pasado.
En 2009, cando Feijóo chegou ao goberno, a taxa
de paro era do 12,4 %; agora confórmanse con acadar unha taxa de
paro do 18,3 % no 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario