Representantes das traballadoras e
traballadores de Ferroatlántica, Carrefour, o SERGAS ou o Concello,
ensinantes, escritoras e escritores, artistas, empresarias, profesorado
de Dereito, xornalistas… encabezan o manifesto Queremos galego na administración local de Cee.
O manifesto dispoñíbel a partir de hoxe para asinar en internet e en diferentes lugares que se irán anunciando, é unha iniciativa máis en apoio do Regulamento de promoción do galego cuxa aprobación foi bloqueada no pasado pleno de Cee.
Lembrando a Gonzalo López Abente, traballador da banca depurado polos franquistas e autor muxián que mantivo a defensa do galego e nesta lingua pronunciu o seu discurso de entrada na RAG, en pleno franquismo, denunciando ao mesmo tempo a quen renega dela. Así comeza o manifesto Queremos galego na administración local de Cee, da autoría do escritor ceense Miro Villar e impulsado por persoas de diferentes ámbitos de Cee en apoio ás iniciativas que están a xurdor estes días para impulsar a aprobación definitiva do Regulamento de promoción de uso do gaelgo en Cee, bloqueado no pasado pleno de Cee.
Refírese o manifesto ás argumentacións contrarias a que se dean
avances favorábeis ao galego “que se encabuxan en lle poñer atrancos aos
temesiños avances da nosa lingua, como é o caso de quen pretende frear
unha ordenanza que pretende a normalización do galego no concello de Cee
e para iso fan uso de cativos e trapalleiros argumentos sobre a suposta
marxinación do castelán”, e apoia “unha ordenanza que só pretende
favorecer actitudes positivas a prol da normalidade no uso da lingua
galega, que os máis recentes inquéritos oficiais sinalan en constante
devalo no seu uso, por mor da ausencia de medidas e de políticas de
protección”.O manifesto dispoñíbel a partir de hoxe para asinar en internet e en diferentes lugares que se irán anunciando, é unha iniciativa máis en apoio do Regulamento de promoción do galego cuxa aprobación foi bloqueada no pasado pleno de Cee.
Lembrando a Gonzalo López Abente, traballador da banca depurado polos franquistas e autor muxián que mantivo a defensa do galego e nesta lingua pronunciu o seu discurso de entrada na RAG, en pleno franquismo, denunciando ao mesmo tempo a quen renega dela. Así comeza o manifesto Queremos galego na administración local de Cee, da autoría do escritor ceense Miro Villar e impulsado por persoas de diferentes ámbitos de Cee en apoio ás iniciativas que están a xurdor estes días para impulsar a aprobación definitiva do Regulamento de promoción de uso do gaelgo en Cee, bloqueado no pasado pleno de Cee.
Tras sinalar que de pouco serven acordos políticos, parlamentares ou lexislación nacional e internacional como a Declaración de Unidade a prol da normalización da lingua galega, na que se insta a votar a favor do impulso mínimo á nosa lingua galega para desenvolver disposicións legais como a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego, “se isto non vai acompañado de políticas activas, que promovan o empoderamento da lingua galega, para a converter en lingua de comunicación habitual na administración e nos servizos públicos, na educación, na sanidade, na xustiza, nos medios de comunicación, no comercio, na industria ou en calquera ámbito”, o manifesto fai un chamamento a “darlle a volta ao menosprezo de quen queren coutar a nosa lingua máis unha vez ao ámbito coloquial e familiar, coma acontecía no franquismo”, para o que cómpre, sinala, “defendermos os dereitos lingüísticos con lexislación como a proposta para a súa aprobación no concello de Cee e, despois, con medidas activas e orzamentos axeitados para facermos do galego un idioma natural na súa comunidade de falantes”.
Este domingo A Mesa pola Normalizaciónconvoa un acto ás 12, diante do concello, onde se comezarán a distribuir folletos explicativos para difundir a necesidade de contarmos cunha ordenanza como esta. Esta campaña de difusión continuará o luns ás 19h na Casa da Cultura, cunha mesa redonda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario