"Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo"A principal demanda da Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade é que se poña en marcha o establecido do artigo 58.7, da LOMCE, que determina que as administracións educativas poderán adscribir centros de ensinanzas artísticas superiores mediante convenio ás universidades. Os decretos negan esta posibilidade, mantendo o PP a posición que veu sostendo nos últimos anos, que o levou en varias ocasións a bloquear esta opción, tanto no Parlamento galego coma no Congreso.
Porén, os textos aprobados nin sequera achegan outros mecanismos posibles para a mellora do funcionamento destes estudos. "Todo queda sometido a regulacións posteriores ou a desideratums do tipo 'fomentarase...'ou 'poderase...'", sinala Fernando Carrera, ex-director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. "Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo", engade. "É máis do mesmo, non hai nada novo", conclúe.
"Como mínimo pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo", explica. "Na universidade todos os ámbitos están organizados; pero pola contra nas ensinanzas artísticas superiores moitas cuestións fundamentais dependen de regulacións parciais. Por exemplo o proxecto de fin de ciclo e as prácticas en empresas, imprescindibles para acadar o título superior, resólvense cun par de circulares, e aquí quedan de novo sen regular", di. “Dádenos unha norma sobre a cal fundamentar o noso traballo académico e levar a cabo a nosa actividade con calidade, é o pedimos”, engade.
"Pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo"A Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade relanzará nas vindeiras semanas a súa actividade pública para tentar modificar unha situación na que, denuncian, segue a producirse unha "discriminación moi negativa para as tituladas e titulados superiores en tanto a suposta equivalencia acaba por non aplicarse en numerosos casos", sexa no acceso a bolsas para posgraduados, na continuidade de estudos, ou na incorporación ao mercado laboral, "pois sempre se prima a titulación universitaria". A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PP.
A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PPA integración na universidade das ensinanzas artísticas superiores xerou un consenso entre todos os partidos, excepto os populares. Isto pode determinar un cambio tralas eleccións xerais do 20 de decembro. "Nos últimos meses reducimos a actividade pública, pero traballamos bastante no ámbito político", explica Carrera, que destaca que "mantivemos encontros con todas as forzas, tanto en Galicia coma no resto de España, para explicarlles as nosas demandas e para que leven as nosas reivindicacións nas nosas demandas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario