POLA SÚA POSTURA CONTRA O GALEGO
Máis de 200 persoas concentráronse na
mañá do domingo diante do Concello de Cee en defensa do galego e pola
dimisión do concelleiro do PSOE de Cee, Modesto Rivas, polas súa postura
contraria á lingua.
O Concello de Cee acolleu este domingo unha concentración convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do regulamento municipal que impulsa o uso do galego, e que foi motivo de fortes críticas por parte do concelleiro do PSOE na localidade, Modesto Rivas. Precisamente, no protesto, no que participaron máis de 200 persoas, reclamouse a dimisión do edil socialista pola súa intervención no último pleno municipal, intervención da que se fixo eco Sermos Galiza este sábado.
Após ler Álex López, responsábel da Mesa na Costa da Morte, o manifesto de Miro Villar asinado por unha ampla representación social, sindical, comercial e veciñal da zona, o presidente da asociación en defensa do galego, Marcos Maceira, chamou a respectar a lingua e a cumprir nos concellos a cativa lexislación lingüística vixente. “O galego precisa protección. Só hai que ver as diferenzas que ten respecto ao español, que conta con perto de medio milleiro de disposicións legais que obrigan ao seu uso”, sinalou, “as poucas disposicións normativas coas que conta o galego non se cumpren”.
En declaración a Sermos Galiza, Marcos Maceira insistiu en pedir a dimisión para o concelleiro do PSOE, por “fomentar e defender o odio e o supremacismo lingüístico e de xénero”. “O que dixo Modesto Rivas non se pode consentir nunha sociedade democrática, máxime no caso dun representante do pobo”, salientou.
Marcos Maceira tamén se referiu a outros casos de discriminación lingüística na administración local galega, como o acontecido no Carballiño, onde unha persoa non puido ser atendida na lingua propia de Galiza cando quixo dirixirse ao servizo de recadación municipal, que está privatizado. “Hoxe manifestámonos en Cee para evitar casos como este do Carballiño e para reclamar que os concellos ofrezan a posibilidade de que todas as persoas poidamos utilizar o galego nos servizos municipais”, subliñou.

Marcos Maceira empraza militantes e votantes do PSOE a "saíren do armario lingüístico" e a "dar a cara polo galego"O presidente da Mesa asegurou que se dirixiron á entidade “voces de militantes e votantes do PSOE que están indignados e avergoñados polo defendido por Modesto Rivas”. “Pedímoslles a estas persoas que saian do armario lingüístico e dean a cara dentro do seu partido a favor do galego e a favor da dimisión deste edil”.
Marcos Maceira tamén se referiu a outros casos de discriminación lingüística na administración local galega, como o acontecido no Carballiño, onde unha persoa non puido ser atendida na lingua propia de Galiza cando quixo dirixirse ao servizo de recadación municipal, que está privatizado. “Hoxe manifestámonos en Cee para evitar casos como este do Carballiño e para reclamar que os concellos ofrezan a posibilidade de que todas as persoas poidamos utilizar o galego nos servizos municipais”, subliñou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario