Os Premios á introdución da perspectiva de xénero na
docencia e na investigación que este ano chegaron á súa sexta edición
entregáronse hoxe en San Xerome nunha cerimonia que presidiu o reitor da
USC. Das accións innovadoras na docencia, fíxose co primeiro premio a
presentada por Carmen Sánchez Carreira e Pedro Varela Vázquez,
de Ciencias Económicas e Empresariais, que reflicte a experiencia de
incluír a perspectiva de xénero na materia ‘Estrutura Económica Mundial
II: Desenvolvemento Económico’. Dos traballos de investigación
presentados resultou gañador ‘Steel Barrier: Legal implications from a
gender equal opportunity perspective’ das profesoras da Facultade de
Relacións Laborais María Bastida Domínguez e Silvia Moscoso Ruibal.
A USC foi pioneira na creación en 2006 dunha Oficina de Igualdade de Xénero
e na aprobación dun I Plan de Igualdade da USC en 2009. Esta aposta
decidida pola defensa da igualdade de xénero consolidouse ademais coa
aprobación en 2013 do II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades
entre Mulleres e Homes.
Máis información no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario