IDEAS PARA O FUTURO DA LINGUA, DA CTNL
A Coordinadora de Traballadores e
Traballadoras de Normalización da Lingua organizou na sala Capitol de
Compostela unha xornada creativa na que se expuxeron, con enxeño e
creatividade, reflexións para garantir o futuro da lingua e para
prestixiala.
LGx15 ou “Ideas para o futuro da lingua” xuntou na sala Capitol de Compostela máis dun cento de persoas que escoitaron e ollaron as reflexións ao redor do galego. “O obxectivo pasou por lanzar unha mensaxe social de entusiasmo e ideas desde diferentes perspectivas”, explica, en declaracións a Sermos Galiza, Nel Vidal, o presidente da CTNL. “Quixemos facelo con alegría e humor, cunha visión optimista. Así lanzou cadaquén a súa mensaxe”, sinala.
Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi, Manuel N. Singala, Lara Tigre, Xurxo Mariño e Luís Iglesia achegáronlles ás persoas presentes as súas valoracións sobre o galego e as súas reflexións para influír nas actitudes lingüísticas, co fin de procurar accións e cambios. O dilema de decidir entre galego e español, o derrubamento de prexuízos arredor da lingua e o galego na música, na ciencia e no cinema foron algúns dos puntos que trataron as distintas exposicións, todas elas dinámicas e cunha visión positiva da lingua. Tamén se tratou a aprendizaxe do galego. Foi Carmen Grimaldi quen narrou como contactou coa lingua e como a aprendeu, “é doado falar galego se sabes como”, concluíu esta moza andaluza que vive na Coruña e que defende a inmersión como método de aprendizaxe.
Non faltou a música, a poesía e o humor. Así, María Lado e Lucía Aldao, condutoras do acto, recitaron Lingua Proletaria do meu pobo en versión “bilingüe”, no que foi unha parodia dos posicionamentos galegófobos, e interpretaron Como eu te amo para aprender, con divertimento, a colocar os pronomes. Alba María tamén lle puxo a nota melódica á xornada e Xenderal encheu a Capitol de reggae e beatbox.
Nel Vidal explícanos que a CTNL traballará por que o acto desta cuarta feira “teña continuidade e que haxa máis propostas desde diferentes ámbitos”. Polo tanto, máis que un punto final, “Ideas para o futuro da lingua” é un punto seguido co que darlle máis impulso ao galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario