Unha cadea humana o 12 de decembro en Malpica levará ás rúas as demandas das familias con crianzas doentes.
Ente o 20 e o 23 de novembro a Confederación de Anpas Galegas trasladou aos grupos parlamentares as súas reivindicacións arredor do dereito de atención educativa das crianzas con doenzas crónicas ou que, por diversas razóns, non poidan acudir a aulas durante un período de tempo prolongado.BNG, AGE, PSdeG e PP recibiron o colectivo. Na primeira das xuntanzas, nas que estiveron presentes as forzas da oposición e tamén Nives Vilar, a nai de Hadrián, un neno de Malpica con cancro, quen estivo a liderar nos últimos meses as demandas das familias que coma a dela non ven garantido o dereito d@s fill@s a aprender.
Así as cousas, Nieves rexeitou acudir ao encontro co grupo popular após rexeitar o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reunirse con ela.
En senllas xuntanzas reclamaron a fixación dun "mínimo de 12,5 horas" lectivas semanais "de atención na casa para os nenos ou nenas que se vexan na situación do non poder asistir ás clases ordinarias durante un período prolongado", explican nun comunicado de imprensa desde a Confederación de Anpas Galegas.
Nieves Vilar, a nai de Hadrián, negouse a se reunir co PP após o conselleiro de Educación non acudir ao encontro que axendara con ela e a Confederación de ANPASVisibilizar a diversidade
Aliás, exixen o estabelecemento dun "procedemento que vincule a diagnose da enfermidade co inicio das actuacións educativas, sen que a familia teña que ter a máis mínima iniciativa", "dispor de escolas hospitalarias ben dotadas" e con capacidade para atender todos os casos que vaian xurdindo; a fixación dun corpo específico de profesorado "que dispoña da formación específica necesaria" para afrontar as necesidades específicas deste alumnado" ao tempo que a abertura dun "debate social" que xere conciencia "sobre toda a diversidade" estudantil e "a necesidade urxente que temos de atendela e incluíla", apuntan.
As forzas da oposición comprometéronse a dar traslado por vías parlamentares a estas demandas a partir dunha poposta que elabore a Confederación de Anpas Galegas. Pola súa banda, o Partido Popular amosou a súa vontade por mellorar a regulación actual e garantir este dereito a todas as persoas que o precisen, porén, apelaron ao traballo que, din, está a desenvolver a Consellaría de Educación neste senso.
Desde o colectivo avanzaron tamén que o vindeiro 12 de decembro desenvolverán unha cadea humana en Malpica para reclamar a atención educativa a domicilio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario